jueves, 15 de febrero de 2007

Confit de salmon

Benqueridos compañeiros, hei de retractarme na miña opinion acerca do salmon devolvendolle a conducta. Si, hoxe fixen unha receita inspirandome nas notas que vira no meu "libro gordo" de cociña e o resultado non puido ser mais favorable.
Tratabase dun salmon en rodelas confitado. Como xa saberedes o confit consiste en cociñar un alimento nun medio graxo (aceite de oliva, graxa animal...) a moi baixa temperatura e durante un bo bocadiño de tempo. Pois ben, os ingredientes son os que seguen:

-unhas rodelas de salmon sen pel
-aceite de oliva (eu empreguei suave... a gusto do consumidor)
-sal
-pementa negra (sego sendo fiel á pementa negra de Xamaica)
-unha poliña de romeu
-un par de poliñas de perexil (ou "pirixel" que di miña aboa) picadiño

Salpementanse as rodelas de salmon previamente limpo e "sequiño" cun papel absorbente.
Ponse a quentar a lume moi suave unha tarteira con aceite de oliva suficiente para cubrir o salmon. Engadese o romeu e de ai a un pouco o perexil, que e mais doado de se queimar a pesares da baixa temperatura do aceite. Deixamolo ao lume por uns 20-30 minutos remexendo a tarteira polo mango non sexa que se apegue ao fondo. Asegurovos que o aroma e embriagador. Asi que pasen eses minutos retiramos o salmon con moito coidado de que non se estrague a rodela, que estara moi tenriña, e pasamola novamente a unha folla de papel absorbente para retirar o aceite sobrante sen premer demasiado no peixe. Ca mesma empratamos o salmon mentres estea quentiño. A cor e espectacular, manten a tonalidade rosada ou mesmo anaranxada cun leve douradiño. Sabedes que ademais o aceite e perfectamente reciclable unha vez peneirado pois apenas acadaria os 80ºC na coccion, ca vantaxe de que esta aromatizado.
Eu presenteino cun "arroz thai integral aromatico " con caneliña e xenxibre nun molde redondo e unha ensaladiña de cogollos e alcachofas á mostaza (non lembro agora a variedade de mostaza pero trouxoma miña irma da sua estancia en Paris. E un especieiro de madeira con 6 ou 7 variedades de mostaza... unha loucura de sensacions.)
O dito, convidovos a probar este xeito de preparar o salmon que para alguen coma min que o denostaba foi todo un achadego.

No hay comentarios: