viernes, 2 de julio de 2010

Terror no asador

Sonche unha persoa de extremos. Cando algo non me gusta, non podo aguantar ca carraxe. O curioso é que son bastante comedido cando escrebo aquí, en Laconada. Vou tomar unha pausa a tal comedimento. E vou a poñer de media volta algo que non soporto. Preparadevos... aquí vai:

Non soporto os platos refractarios, as bandexas con brasas incorporadas, e as pedras de asar con lampariñas de metílico.

¿Que se estou de broma? En serio, me parece unha verdadeira merdada.

Hoxendía é imposible ir a algún asador ou restaurante desdes de carne que non che apareza con algunha de estas merdas. Pouco a pouco foise extendendo, e agora, é casi omnipresente (en asadores e churrasquerias ilustradas). [Por certo que tiñan que ampliar as mesas, porque o de tentar cenar nun grupo numeroso ca copa de auga, a copa de viño, un par de botellas, e os armatrostes estes que soltan un calor a morrer na mesa é ¡¡terrible!! Tiñan que engadir 50cm máis nas mesas para poder meter toda esta merda. As mesas seguen a ser da época pre-bandexas quentes]

¿Porque son unha merda? Pois porque en apenas un par de minutos a comida xa se empeza a pasar. Se non sacas a carne todo queda demasiado feito e bastante noxento (E se sacas a carne, tampouco arreglas moito, porque ca temperatura comeza a queimar a grasa ou xugo que quedou, e todo cheira a morrer).

Outro problema é que as pedras de asar na mesa, serven coma alibi para que che den unha carne de merda.
En serio os chuletóns estes que che cortan en tiriñas para facer na pedra. ¿Alguén os mirou? ¿Que merda de carne é? Non é tenreira, non é boi: ¿vaca vella e mala? Sabe malísima. Ademáis, traen a pedra cun montón de sal (sal en escamas, porque son moi fashion) que a xente pon cando a carne está quente, co que escurre a auga da carne. O resultado é que a xente come unhas tiriñas churruscadas.

O curioso do caso é que son un rara avis: moita xente que coñezo morre por esto. Vas con eles á churrasqueria e xa non piden churrasco. O que lles gusta é o chuletón á pedra (é todo carne, nada de oso, din - é todo nervio, graxa e o ides a estropear na pedra, penso eu). Porque ademáis o chuletón á pedra é para compartir. E eu son moi malo pechandome en banda e rexeitando esto. Esto último o teño que cambiar. A partir de agora, vou tomar só churrasco nestes sitios. Polo menos, de estropear a carne, que non me cobren a min a desfeita.

Para aqueles que pensen que son un ser vexetario ou piscívoro, deixademe recomendar un par de sitios onde si teño tomado carne decente. Para que me digades se non é moito mellor tomarse un chuletón de tamaño lóxico (entre 200 e 300g , todo máis grande é imposible de darlle o punto:
  • En O Cruce en Vilatuxe - ademáis de restaurante, teñen a súa propia carnicería, así que escollen o seu material direcdtamente. A croca é para morrer. Ademáis o punto de cocción do cociñeiro é tirando a rosado, co que gustará ós españois.
  • En O Minho Verde en Arcos de Valdevez - ou en algún outro restaurante de confianza na zona. Ahí tomei unha posta de Cachena da Peneda, que realmente merece a pena o que se paga por ela (e non foi ben tan cara, mirade).
  • En As Cangas en Vigo - Xa sei que As Cangas é sobre todo famoso polas súas fabadas, o entrecot ó cabrales (calqueira plato con salsa de Cabrales tamén entra na categoría das cousa que me indignan, pero non vou a extenderme neste momento), e tamén teñen un chuletón enorme que se fai en pedra. Este chuletón, non me apetece nada. O que me gustou é o entrecot que teñen (sen cabrales nen nada). Menudo entrecot, se ben o propietario me dixo "non é grande, eu tomo dous de estes sen problemas" non o creo. O entrecot pasaba ben dos 400g. E estaba moi bó. E no seu punto: cando peguei o primiero corte, os meus compañeiros (co prexuizo habitual que parecen ter todos os españois) soltaron un "parece que ainda está vivo". En realidade estaba suficientemente feito. Por tanto, demostrado está que non fan de máis a carne no sitio. Un aprobado a As Cangas.

2 comentarios:

Dr.C dijo...

O meu pai di que o mellor sitio para comer un bo chuletón é o Gonzaba, en Santiago...
Provincia: A Coruña
Localidad: Santiago de Compostela
Dirección: Rúa Nova de Abaixo 17
Código postal: 15701
Teléfono: 981 59 48 74

Xa me dirás se é bo ou non, ou mellor, ata podemos ir un finde xuntos así que comence a facer frío e teñamos que entrar en calor.
Saludos

Xose Ramos dijo...

Acepto a proposta encantado. E tal coma dís, o mellor é deixalo para o outono.