domingo, 8 de abril de 2012

Cousiñas Chinas

O outro día pasei polo supermercado Chino que hai en Vigo e decidín parar a ver que tiñan... sobre todo porque creía lembrar que que vira algunha vez repolo fermentado ou algo parecido. Tiña curiosidade de ver a que sabía ( tiña probado o kimchi koreano en algún restaurante, será a versión china algo parecido? )

Topei unha cousa que anunciaban coma repolo picante, e outra que sí que anunciaban coma repolo fermentado. Pero o repolo o vendían en frascos de 5 kilos, e erame un pouco grande de máis. Así que quedei co repolo picante.


Comprei tamén para acompañar fideos de arroz. ( Non me gustan demasiado os fideos de arroz, pero non sei moi ben como saín de alí cos fideos de arroz a pesar de que había 20 tipos de fideos asiáticos diferentes - moi bó surtido teñen ). E fixen uns salteado de fideos con repolo picante.... (os fideos de arroz quedaronme brancos, a pesar de que seguín as instruccións ó pe da letra - non sei coma fan nos restaurantes chinos, onde os sirve completamente transparentes).


Nada aparentes (aparte a foto é deplorable) pero estaban sabrosos. Sorprendeume especialmente o repolo este do bote: estaba tenriño e notábase doce ademáis de picante. De feito o que me quedou vouto tomar crudiño acompañando algún outro plato.

Ah, tamén caín en comprar este refresco trapalleiro e bizarro que parece que lles gusta moito alá por asia: refresco de frutas con perliñas de xelatina flotando por dentro. Moi extraño, curiosamente adictivo (iso sí, o sabor a piña é 100% artificial).


En principio tento só ir a comprar neste sitio de maneira ocasional, porque a maioría dos productos envasados que venden teñen glutamato. (Non o fago tanto por cuestión de saude, se non que o sabor este do glutamato desagrádame). Iso sí, o sitio é moi recomendable para comprar ingredientes de base coma arroz (teñen varios tipos de variedades asiáticas que en España non son fáciles de comprar a moi bó prezo - son máis caros que o arroz do supermercado, pero coñe, que son arroces de tipo diferente con outros sabores e usos) e multitud de tallarines e pastas, e sobre todo teñen láminas de pasta de arroz para facer dimsun e cousas de estas. 

A tenda, non sei se sabedes, está en Gran Vía pola altura de Povisa. 

No hay comentarios: