Mosel by Flashbaxxx
Non podía imaxinar que hoxe tivese unha experiencia tal. Tiña uns coñecidos que compraran unha entrada para unha cata de viños alemáns e un non pudo ir. Eu apunteime, sen saber moi ben que podería ser (nunca fun a unha cata e non sabía moi ben coma eran estas cousas).
Pois tiven unha sorte xenial, menuda experiencia interesante, e sobre todo: vaia viñazos que tiven ocasión de probar.
O viño alemán de calidade é perfecto para desoncertar a calqueira dos que teñen prexuizos e pretenden saber desto do viño:
- "A calidade do corcho é fundamental para a conservación do viño." Pois a ver que cara pon cando lle poñas un Peter Jakob Khun Quarzit 09 que ven con tapón de rosca. (Un viñazo seco con sabor mineral, e unha acidez alucinante).
- "A acidez no viño e algo non desexable". Pois a ver que din ante un Karp - Schreiber Brauneberger Mandelgraben Kabinett Trocken 2008, un viño que é ácido a eito, pero que entra coma un ceo.
- "O viño blanco non conserva". Pois entón por exemplo tiñamos outro viño de fai 4 anos, un Georg Breuer Rheingau Riesling Auslese 08, que se ben estaba espectacular, quedabanlle anos para seguir mellorando.
- "O viño unha vez na botella, xa pouco mellora, hai que tomalo xa". Pois tivemos a sorte de tomar un Kabinett do Mosela (non indico a marca porque era xa non está a venda) do 2003, que segundo nos contaban, recén embotellado cheira a gas e que co paso dos anos cambiou completamente e desenrolou sabores frutales e florales.
Eventos de María Fechoría
(A todo isto, quero expiar a miña culpa públicamente e admitir que o que esto escribe non se comportou demasiado ben. Evidenciando a miña falta de categoría, non deixei viño nas copas, coma fan os expertos, e ademáis, seguramente por eso, animeime de máis e soltei algunha tontería que non debería ter dito. Ai, o viño, canto gusto, e canto perigro!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario