"Nos últimos anos temos chegado a unha convicción case profesional. A penas precisas ver as fotografías dos pratos para decatarte da calidade e do xenio de cociña. As fotografías, ben feitas, adoitan falar soas. E non é preciso que haxa un gran estilista detrás da montaxe do prato: tanto se son servidos ao xeito tradicional como se son montadas por un magnífico xefe de cociña dun restaurante de tres estrelas." (Manolo Gago en Capítulo 0)
E o que ven logo ten que ver tamén con Manolo Gago (e Sole Felloza). Eu escoitara falar xa dun restaurante italiano chamado Osteria Francescana: o seu cociñeiro xefe Massimo Bottura é archifamoso (o cociñeiro estrela en Italia), Michelin a ten consideradísmo e sale arriba na lista dos 50 mellores restaurantes do mundo..... Pero nada de esto me chamara especialmente a atención.
Pero fai uns anos Manolo Gago pasou por Italia e parou na Ostería, e logo publicaron un relato do seu xantar con fantásticas fotos de Sole (que sabe de fotografía un mundo):
Osteria Francescana: o surf na gastronomía
Por exemplo:
E foi ver esas fotos e quedei impresionado, non sei, pareceume unha cociña moi interesante: radical e tradicional ó mesmo tempo, e sobre todo, mantendo as texturas (ou engandido novas) do producto orixinal. Non sei, chamoume a atención coma non me chamaba nengún outro cociñeiro (a todo isto, en Galicia e en outros lados hai moita xente que vai por este camiño).
Pasou o tempo.... e este verán deume por ir a visitar o norte de Italia, apenas unha viaxe fugaz. E entón lembrei ... ¿Onde estará o restaurante? Pois resulta que esta en Módena, e coma teño que pasar por Bologna, pois podía pasar.
Agora xa só quedaba ver se daba reservado, tendo en conta que é un restaurante de só 11 mesas non confiaba, pero apunteime na web (para un martes) e tiven sorte e dixeron que sí. Teñen un sistema moi personalizado, logo de darte de alta, chamante por teléfono para confirmar o da asistencia e todo (non sei se tamén coma sistema de verificar que reserva). O rapaz que chama ademáis estache ben aprendido: fala un inglés excelente e un castelán case que mellor co meu. Así quedamos ca confirmación, pero recordanme que 2 días antes da reserva que debo reconfirmar se non perdo a reserva (pareceme correcto).
Bueno, así que finalmente teño a miña oportunidade de ir á Ostería Francescana, que pensei que sería algo moito máis dificil e máis complicado. Unha vez máis descubro que os restaurantes selectos non son inaccesibles.
Ainda que... xusto agora coma podedes seguir nas noticias comenzaron unha serie de terremotos nesa parte de Italia: nun comenzo foi lonxe de Módena, pero este Martes xa foi na mesma cidade, de feito afectoulles no restaurante. Eu continúo ca miña intención e de momento o restaurante segue aberto:
"Thank you for concerning.
We inform you that we are all well, and that Osteria Francescana has not received heavy damage.
It has been a great fright though.
Because of that, we look forward to seeing you here on Tuesday June the 5th."
Desexademe sorte. E non tanto por min, se non porque a pobre xente de esta parte de Italia non merece que os terremotos vaian a pior. Ogalla paren e podan voltar á súa vida normal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario