lunes, 11 de junio de 2012

Italia: 'pes e polenta'

Pois a historia vai tal que así:

Estaba eu dando unha volta en bicicleta a redor da Isola Monte (Illa Monte), cando foi resultar que pasando por unha das súas parroquias, Corzano, vin que estaban argallando unha festa popular (coma preparativo para a festa de Santa Croce, que ata ten unha paxina na wikipedia e todo):


(Sirva este cartel para que quede claro o tema de que hai multiples dialectos en italia, de feito por baixo da nota teñen escrito en italiano a traducción da festa "La Via del Pesce e Polenta").

Así que seguín a miña volta en bicicleta a illa, pero unha vez rematada esta din outra volta  para achegarme a Corzano. O meu obxetivo en Lombardía era tomar canta polenta fose posible, e coma me vou perder unha festa gastronómica popular... non podía perderme eso.

Pedin un menú representativo, xa que non me vía capaz de probar todas as diferentes opcións que tiñan no menú (carne, queixo, bacallau, e doces da casa a esgalla): Sardiñas (PES) con Polenta, e o 'salame' tipico da rexion, viño e auga 'frizzante':


Estando coma estaba no medio dun lago esperaba que fose peixe de auga doce, pero non, eran sardiñas. Sardiñas salgadas e feitas logo á brasa:
Ante esta perplexidade, a zona de Brescia e Bérgamo, que é onde esta o lago, pertenceu tradicionalmente á Venecia, polo que se cadra a presencia de peixe de mar pode ter esta explicación. Sexa coma sexa chamoume a atención moito esta combinación tan galega: millo (neste caso en forma de polenta) e sardiñas. Case coma se fose un San Xoan alternativo e curioso.


Coma podedes ver, a Polenta, unha vez cocida e preparada daselle un punto de brasa (as sardiñas, coma vedes atrás fanse aparte para non mezclar sabores). E hala, toda Brescia a tomar sardiñas e polenta:

E en canto o 'salame' o salame desta rexión é coma vedes moi magro, de feito case emparentado ca cabeceira de lomo, so que coma habituan os italianos, non leva pementón:
E todo isto á beira do lago...

No hay comentarios: