martes, 12 de junio de 2012

Italia: La Colombina (Bergamo)

Moito se critica á Guia Michelin (principalmente por a quen dan ou non dan estrelas), de todas formas e vouvos dicir unha cousa: conforme máis lonxe estou, e conforme máis despistado ando, sempre recurro a algun dos seus restaurantes recomendados. Unha cousa que é certa, é que vas comer ben, moi satisfactoriamente. (E non me estou referindo a restaurantes estrelados, que poden ser un pouco careiros ou se cadra un pouco elegantes de máis, se non a os outros que aparecen mencionados na súa guía como interesantes). Ah, e non fai falla mercar o libro, pódese mirar gratuitamente na web de Via Michelin.

Neste caso, doulle gracias porque poiden ter ocasión de disfrutar dunha bóa cea, nun restaurante un pouco apartado no alto de Bérgamo (pegado á turistica Cittá Alta, pero o mesmo tempo alonxado minimamente para non ter que aturar o tumulto da zona), cunha decoración auténtica dos anos 1920/1930. Ademáis con ese detalle encantador de que (exceptuando un grupo grande de alemáns en outro reservado) de estar arrodeado de italianos cenando cos seus amigos (estar nun restaurante que frecuentan os do lugar deixa a un inda máis satisfeito).  Ademáis o trato da xente que alí traballa é encantador (se ben eu rematei a poñelos tolos pola miña insistencia en tentar falar algo que eu creía que era italiano, cando ben podería ter usado o inglés que dominaban tan ben coma min!).

Inciso anecdótico: coma sempre que teño reserva nun sitio, perdinme por algunha razón curiosa. Neste caso, se ben fun con tempo e con xeito, a dirección que levaba apuntada no papel correspondía a outro restaurante distinto (despiste meu que non sei coma me pasou), co que fun a outro lado da cidade a dar na porta dun restaurante que non se chamaba coma o que eu contaba. Sorte que en ese momento decateime de cal podía ser a orixe da miña equivocación e chamei inmediatamente a La Colombina para que me dixeran a dirección correcta. E finalmente, con apenas 10 minutos de retraso cheguei ó sitio (correndo eso sí).
 Veña, así que comencemos co meu primeiro contacto ca cociña bergamasca:

Coma viño escollín un que parecía ser da zona (ou asemelloume a min). Tema que non estou moi informado en canto a viños italianos, pero preguntei ó camareiro e escolleume este, que se ben é de Trentino: Teroldego Rotaliano Un tinto dos Dolomitas? Nunca tal imaxanara. (Por certo as fotos da viñas na denominación de orixen de Teroldego Rotiliano son ben chulas, vaia viñas).

Castel Firmian - Teroldego Rotiliano - Tinto - Italia
E así, ben servido dun viño con forza víame capaz para meterme ca gastronomía de esta parte alta de Lombardía que dicían que era moi potente.

E que máis potente que arrincar con graxa de porco pura:
Lardo alle erbe con polenta (sen polenta)





Un dos meus primeiros post en Laconada fai máis de 4 anos foi sobre o asombroso descubrimento de que os Italianos adoraban coma unha delicia impecable o touciño de porco puro: O Lardo di Colonnata
En aquel momento fixenme a proposta de probar lardo, e nunca imaxinei que finalmente o ía dar conseguido. (Neste caso non se trata de Lardo di Colonnata pero non pasa nada, tamén resultou ser espectácular).

O plato debería levar polenta pero coma ía tomar polenta logo (xa o veredes) decidín que demasiada polenta ía ser demasiado. Así que foi lardo puro que fun tomando mezclado de cando en cando co pan. Vaime ser un pouco díficil explicar que é unha delicia incomparable: todos tedes tomado grasa de touciño, incluso a ben salgada e feita na casa. Neste caso é un pouco diferente, o sabor é soprendentemente doce, con regustos a amendoas (fixadevos tamén que o color non é branco se non máis ben rosaceo). Para poñervos unha similaritude, a graxa dun moi bó xamón ibérico de bellota? esa graxiña que cando é bóa ten ata un sabor a noces ou frutos secos? Pois algo así, pero en graxa pura, e que se desfai a un na boca.

Xa digo, probeina unha vez, e a probaría outra.

Veña, esto non é pouco vamos con outra:
Casoncelli alla Bergamasca
Señores e señoras, 'la madre de todos los raviolis' (bueno, non é certo, porque hainos ainda máis grandes): os casoncelli de Bérgamo. Non vos son bromiñas, o recheo e pura carne mechada (200g de carne mínimo xantei de esto) e logo, un pequeno toqueciño de touciño afumado fritido e (coma non) parmegianno!  E xa está simplicidade total de receita. Boisima meus señores! (Non a nivel do lardo de antes, pero bueno, estamos a falar de cousas diferentes).

E coma esto era pouco, pois vamos pola terceira:
Nota importante: vanse decatando dunha cousa? Xa fixen o primeiro plato, fixen o segundo, e vou pidir un terceiro? A ver, outra vez máis e medio cousa do meu despiste: en Italia os menús estan divididos case sempre dun xeito: antipasti, primi (pasta ou risotto na maioría dos casos) e logo secondi (carne, peixes e outras cousas). Os italianos normalmente escollen unha combinación de dous platos de estes tres tipos, dependendo da fame ou do que lles apetezca, pero normalmente non collen os tres. Eu tiña lido esto en guías e libros, pero na miña primeira noite en Italia vou alí e non caio na conta: miro e penso 'estes van ser coma os Asturianos que sempre meten 3 platos no menú, veña un de cada'. Xa digo unha cousa, ó menos en Bergamo, os 3 platos sonche moitos platos.
Pois a todo esto, logo de meterme os meus dous platazos viu a camareira a me pidir se quería xa algo de postre. Con razón non concebía que logo de meterme toda esa carne quixese máis! Enton expliquei que pedira un plato máis, e tal coma dixen, na cociña tiñan algo para min.

Brasato con polenta
Meus reises, o meu principal obxetivo en Lombardía era tomar canta polenta houbese (ainda así rexeitei a polenta que acompañaba o lardo), así que non podía pasar de esta. O plato consistía en carne de vacuno asada cunha salsa moi espesa que levaba verduriñas. Non vos son moito de salsas espesas eu, pero non vou poñerme a criticar a cociña de Bérgamo, se a eles lles vai, eu probo. Eso sí, esa salsa era fantástica para sopetear ca polenta. A polenta... ah, a mellor polenta que teña probada ata o momento (certo é que non teño probadas moitas), pero se alguén sabe por aquí cerca onde fagan polenta que avise.
Nota, coma comentaba antes, pasarame cos 3 platos, sobre todo sendo coma eran todos de carne. Comín todo con moi bó dente, pero xa me notaba cheo. Así que non fun por postre (en realidade eu case nunca tomo postre, pero eso xa é outra historia).
Evidentemente todo esto hai que rematalo cun bó expresso...
Café e copa
 ... pero, que é iso? Pois sí, os Italianos (canda menos os do Norte) comparten esta tradición de que unha bóa comida non se remata sen uns vasiños de alcohol. Neste caso unha grappa suave e forte ó mesmo tempo, moi gustosa. Pero bueno, o que teño visto que realmente encanta coma dixestivo ós italianos semella ser o amaro, algún amaro, de marcas e orixes diferentes dependendo do sitio. Neste caso La Colombina tiña o seu propio Amaro:
Amaro da Trattoria La Colombina

Pois esta comidaza, a media botella de viño, un auga frizzante, un café, o cuberto, saiume por 42€. Bastante careiro, pero a experiencia foi na miña opinión merecedora de tal precio. (Nota: coma comentei, por animalada tomei tres platos, o cal pode explicar que seguramente o meu menú vaia 10€ por riba dun normal, e tamén pode que collese un viño un pouco caro - coido que non demasiado. Por se iso pode servirvos de referencia).

Bueno, pois dado que hai un voo lowcost Santiago-Bergamo, deixo aquí esta recomendación de restaurante en Bérgamo, por se algún galego cae polo sitio. Eu coido que merece moito a pena. Bergamo está chea de restaurantes, e na Cidade Alta case todos moi bonitos e moi turísticos,pero ainda así, este tenme un toque moi especial, moi auténtico.

Trattoria La Colombina
http://www.trattorialacolombina.it
Via Borgo Canale 12
Bergamo
tel. 035261402 

Nota para Galegos: os italianos non son capaces de entender este extraño idioma que nos inventamos cando chegamos a Italia collendo palabras de castelán e cambiando as terminacións. Hai que ter moita paciencia con eles e tentar falar moi lento, e case é mellor falar castelán mais ou menos normal e non darnos de que sabemos medio italiano. E se sabedes chapurrear algo de inglés mellor: eles tamén chapurrean inglés, os dous estaredes o mesmo nivel, tardaredes un pouco máis pero entenderédevos mellor.

No hay comentarios: