jueves, 29 de noviembre de 2012

Lupulum Cervexeira: Cervexa artesana en Vigo


Todos aqueles amantes e curiosos da cervexa, especialmente os interesados polas novas cervexas artesanas que se está poñendo moi de moda, xa teñen un sitio en Vigo. A Asociación Cervexeira Lupulum abriu en Vigo o seu local.

Evidentemente a actividade da asociación vai máis alá do consumo da cervexa: tamén están centrados na elaboración de cervexas (farán cursos, permitirán facer pedidos de material e materias primas, e seguro que ata haberá concursos de cata de cervexas artesanas elaboradas polos seus membros).

Pero aparte de eso, para os que somos máis consumidores ca artesanos, temos a posibilidade de probar cervexas (abre polas tardes e sempre ten cervexas frías) e tamén funciona coma tenda.

O mellor é que vaiades á súa páxina de Facebook e vexades os horarios e anunciarán que cervexas trouxeron:
http://www.facebook.com/lupulum.humulum

Unhas cantas das cervexas que se poden topar:
Dende Escocia Brew Dog

Dende Allariz, a Dama Alaricana



Dende Noruega, Hesjeøl

E dende Vigo a Summun!! 


No hay comentarios: