sábado, 24 de noviembre de 2012

Travesas, territorio mexicano: La Poblanita

Importante: parece ser que La Poblanita ha cerrado. Me ha dejado muy triste esta noticia, principalmente pensando en los propietarios del restaurante, que eran un encanto. Voy a mantener la página ahora como tributo al restaurante, y para que quede memoria de lo bien que se comía allí. (En cuanto a los amantes de la cocina Mexicana, sigue habiendo otros dos restaurantes en Traviesas).

O oeste de Vigo ( con epicentro nas Travesas ) esta a convertirse na maior concentración de Galicia de restaurantes mexicanos: temos xa 3 restaurantes mexicanos (este coido que é o número agora mesmo, seguro que ó ritmo que imos, nuns meses este post queda anticuado) ¡Un ten bastante entre que escoller! Ademáis, cada un de eles e diferente nos seus pequenos detalles, e en todos tratan moi ben.

O outro día mentras pasaba co coche por Tomás Alonso (Tomás Alonso é a típica ría pola que só pasas en coche: en principio non queda camiño de nada, a beirarúa é cativísima, hai moitos solares baldeiros, ou edificios en ruinas, é unha rúa que está un pouco esquecida) reparei en que un dos restaurantes que había perto de Barreras/Alfageme cambiara de nome, e polas cores vermello, branco e verde, aquelo ben podería ser un restaurante mexicano.

Entraronme ganas, ademáis, logo de tervos presentado aquí en Laconada os outros dos restuarantes das cercanías, non podía deixar de mencionar este novo sitio. Así que hoxe fun a propósito á hora de xantar. Fun no coche: agora que hai pouca actividade en Barreras, e que Alfageme está pechado, tiven bastante fácil conseguir aparcar (non é en calqueira caso inmediato aparcar, pero sí bastante máis fácil ca en moitas outras partes de Vigo, e non hai ORA).

O restaurante chámase La Poblanita. É un lugar moi sinxelo, sen sofisticacións, pero heivos dicir unha cousa: iso está moi ben, non significa nengún problema. Ademáis de todos os restaurantes de Vigo é o que mantén máis o aire dunha taquería mexicana (ou polo menos as que eu coñecín en México, que van xa 10 anos e a saber coma tornou todo aquelo). 



Coma dixen ó principio, cada un dos restaurantes mexicanos vigueses ten o seu pequeno toque diferente. Neste caso por exemplo fixádevos que teñen nada (crema agria) aparte da salsa roja e salsa verde (ah, por certo que este é dos restaurantes de Vigo que ten as salsas máis suaves, de todas formas teñen unhas botellas de Valentina por se queredes meter máis brasa):

Coma fun ó mediodía, tiña a oportunidade de tomar o menú do día (10€, inclúe, primeiro, segundo, postre e café ). No meu caso o menú consitíuen:

  • Unha quesadilla que me invitou a casa (recén frita, cun recheo sinxelamente de polo mo, moi rica)
  • Sopes de polo e frijoles ( a tortilla de millo de embaixo, estaba moi frita, crocantísima, encantoume)
  • E por suposto, nun restaurante que se chama La Poblanita non podía faltar mole poblano: ternera con mole poblano y arroz (o mole poblano boisimo)
  • Postre (tarta de 3 leches)
  • Bebida

Fora do menú do día, que cambia de día a dia de semana, o restaurante ofrece unha certa variedade de antojitos (enchiladas, guarachas, gringas e carnitas), e ademáis anuncian platos especiais dependendo do día. O menú non é moi longo (8 entradas), pero é bastante variado, e podese probar un pouco todos os tipos de antojitos posibles.

Ah, e unha vez máis (e vou pensar que vai ser cousa dos mexicanos) tratáronme amabilísiamente,e preocuparonse en todo o rato de que estivese a gusto. Un encanto as rapazas que levan o mesón.

Recoméndovos que de gustarvos (ou ter curiosidade pola) cociña mexicana fagades unha visita a este restaurante (se non vos supón un problema a súa falta de pretensión e a súa situación pouco centrica). Probade a comida, disfrutade do ambiente e decidide. (Habendo 3 podese variar, porque cada un dos da zona é un pouco diferente).

Cousas bóas do sitio:
  • Os prezos 
  • A autenticidade e toque caseiro dos platos
  • O simpáticos que son os empregados
Cousas malas do sitio:
  • Para min, nengunha 


La Poblanita (La Poblanita en Facebook)
Tomas Alonso 125,
Vigo
Teléfono: 986 11 94 02

Máis fotos:

Tacos de Carnitas:


Enchiladas con mole:

4 comentarios:

Javi Polo dijo...

Non soi moi fan do mole, pero eses sopes teñen unha pinta boísima!

Por certo, na miña experiencia, certifico o asunto do bo trato dos mexicanos: tanto en Mexico mismo como nos restaurantes mexicanos nos que atendía xente de alí, sempre me trataron moi ben e me fixeron sentir moi a gusto.

Xose Ramos dijo...

A verdade é que eu quedei sorprendido moi gratamente cos sopes. Neste caso eran pequenos (alguén pode parecerlle un problema, pero coido que o tamaño non está mal para ser antojitos e entrante) e sobre todo gustoume moito a tortilla (ou sope, ou coma se chame o de embaixo): moi crocante e quentiña.

En canto a moles, supoño que vai no gusto de cada un. Neste caso comento que me pareceu bastante logrado, non tiña un sabor moi esaxerado de chocolate, se non sobre todo afumado (supoño que sería do chipotle), forte e tal, pero ó mesmo tempo lixeiriño. A min gustoume bastante (ademáis que chamándose o sitio La Poblanita non podía quedar sen probar o mole!)

Por certo, para ilustrar o comentario e sen vir a conta, un post que di que o 'mole' estase perdendo en Mexico, que as novas xeracións xa non preparan o 'mole' (Parecido que nos pasa aquí co cocido, as calderetas e outros platos tradicionais):

http://www.elsiglodetorreon.com.mx/noticia/118137.el-mole-en-peligro.html

David dijo...

Boas fai tempo que cerrou pero alguen poderiame dicir quen o levaba ??? Como se chamaban as rapazas ?

Xose Ramos dijo...

Non teño nengunha información ó respecto. Tampouco sei coma se chamaban.