miércoles, 5 de marzo de 2014

Caldo de pollo Mexicano

A cociña mexicana non é necesariamente tan exótica en todos os aspectos, aquí tedes un plato moi familiar en México que me ensinou a miña verduleira favorita: a señora Guille(rmina). Ela mesma me preparou as verduras:
repolo, calabacin, pemento cuaresmeño (o primo dos jalapeños, só que doce), zanahoira, coliflor, calabaza mini, setas e espinacas (ainda que unhas espinacas diferentes de aquí). E para darlle sabor un pouco dunh quelite local: epazote.


Para darlle sabor un pescozo de polo e dúas alas.


A maneira de preparación é moi sinxela: ponse a ferver auga. (Chamoume atención o concello de que lle metese unha ceboliza na auga a ferver).

Cando ferve, engadir todas as verduras e o polo e deixalo non máis de 15 minutos.
Xa está:

Saquei o polo para desmigalo e tomar só a carne:


Á hora de servilo acompañase con 4 clásicos dos mexicanos que poñen a todas as sopas: limón, cebola e cilantro. E sobre todo chile verde moi picante (neste caso son uns chiles serranos picantísimos).

A cebola, o cilantro e o limón picanse crus, e servense á beira da sopa para que cada un bote coma lle preste. Os limóns deixanse listos para que a xente engada.




Pois eso, seguro que pensade que vos din a receta de cociña mexicana máis aburrida do mundo. Pero bueno, non todo son botanitas e salsas. Isto tamén é cociña mexicana. Eles gustan moito dos caldos. (E nos deberíamos tomar tamén comida así un pouco máis sana).

Ainda que o plato parecese moito a coma faríamos en Europa algo parecido o sabor é diferente por:

  • O sabor do epazote: é un sabor moi, moi amargo. A moitos non vos gustará. Pero unha vez acostumbrado un, ese chisquiño fai que todo teña un sabor moi interesante.
  • A combinación de limón, chile verde e cilantro ... tamén o fai moi diferente. Nos non tomamos as sopas con eses sabores. O limón faino moi refrescante, o cilantro dalle ... o sabor de cilantro, que moitos odian, pero faino moi fresquiño. Pero sobre todo está o tema do chile. Aquí úsase para a sopa chiles moi picantes, así que un pouquiño e cando te das conta, a cousa está díficil de tomar. O picor do chile fresco é algo moi intenso, moi ardente. Non é algo comparable ás salsas ou chiles procesados. 



No hay comentarios: