jueves, 18 de septiembre de 2014

Chilaquiles caseros

Aquí vai un clásico dos almorzos mexicanos. Máis fácil non pode ser: tortillas, salsa, cebola e pouco máis. Coma no caso das enchiladas que comentei o outro día, este plato é para aproveitar as tortillas que quedaron duras. 

Hoxendía vendense totopos xa fritos para facer chilaquiles - e así fano en case todos os restaurantes, pero a tradición dos chilaquiles era facelos cas tortillas que quedaran duras do día anterior. 

Aquí vai a miña versión da receita.


Vaise quentando a lume salsa verde, para que espese.

Coma vedes, comezo cunhas tortillas vellas. Están duras, pero bastante duras.
 Pico un pouco de cebola. Facemos as cebolas un pouco en aceite para que se vaian dourando.
 Engadimos a tortilla cortada en triangulos. Que se faga un pouco.

Agora todo é moi sinxelo. Botase a salsa verde enriba dos chilaquiles, e deixase toda a combinación mezclandose (que as tortillas vaian chupando a salsa).  Agora é o momento de ir chamando á xente para vir a tomar o almorzo.

Os chilaquiles servense normalmente coma acompañamento. No meu caso engadinlle un pouco de queixo fresco (queixo panela), e fixen dous ovos fritos.
Bueno, tradicionalmente os chilaquiles tomanse un pouco diferente, con queixo e cubrense con crema (crema agria), pero eu non gosto moito da crema e si que tiña ganas duns ovos fritos.

No hay comentarios: