Pouco a pouco voume achegando a aquel número que dixen ó chou (os 33 tacos). Porque non hai problema, México sempre ten novos tipos de tacos que propoñer.
E vaia se son diferentes estes, mirade a foto a ver que pensades:
Coma se toma isto... pois coma podedes imaxinar, non hai maneirra de tomalo coma un taco, dun bocado. Hai que meterlle culler ou tenedor e ir tomando o de enriba. Non sei, é moi desconcertante: o taco está feito para poder ser comido ca man, e este hai qu e comelo nunha mesa.
E para facer as cousas ainda máis extrañas, ven sendo a primeira vez que en México non me teñen posto salsa para compañar os tacos:
A opción eran as clásicas rajas con cebola, zenoura e escabeche. E neste caso tamén parecía ser típico do sitio unha alternativa orixinal: pataca cocida con rajas de xalapeño. Moi ricas, pero... aquelo ardía meu. Ademáis non daba entendido moi ben coma mezclar a pataca co arroz e carnitas. Pero fixeno e dinlle para adiante.
Curiosamente, tamén tomei unha versión no posto da rúa, e xa eran máis parecidos os tacos que se fan en moitos outros sitios (excepto que non falta nunca o arroz):
Neste caso un de eles é de torta de carne (carne desfiada rebozada con ovo e supoño que algún tipo de fariña). Ese leva rajas. O que leva salsa xa é de algo que tamén teño visto no DF: chile recheo de queixo, capeado (rebozado)
Hala engadido un máis para o de :
No hay comentarios:
Publicar un comentario