viernes, 17 de mayo de 2024

Surprise! Antica Salumeria Malinconico dal 1890


A intención era comer un choio diferente cada día. Coma xa fora a unha salumeria en Sorrento... Pois estaba buscando outra cousa (de feito estaba buscando onde tomar unha pizza a portafoglio ou uns fritti nun cucucurcho). E tamén querendo sair un pouco da zona de Dante e de Montesanto que xa coñecía, metinme costa arriba sen saber ben a onde ía. 

E fun dar ó Quartiere Avvocata,  e mirando a ver onde se podía comer, pois non daba decidido ben (porque tampouco había sitios así de comida para levar que tiveran bóa pinta). E mirei no móvil e saiume coma moi ben recomendado un sitio que tiña un nome máis longo ca nada no mundo. E entre que tiña bóas valoracións e que tiña ese nome tan raro pois cara ahí fun (quedabame perto e non quería desandar todo o camiño). 




 Pinta de tenda si que tiña (ahí tedes uns tomates e uns grelos na porta) pero... non tiña eu moi claro que ahí deran de comer. 




Entrei e fun mirando e descubrín que cara o fondo (moi ó fondo) e hai uns mostradores con salumi e queixos e comidas xa preparadas. E todo unha pintaza. 



Ademáis para que eu comenzara a sospeitar que aquel sitio era moito máis do que aparentaba, pois apareceron uns señores napolitanos (que se notaba que non vivían ó lado e que viñeran exprofeso a mercar aquí) e comenzaron a mercar queixo e embutidos e a falar de comida e tal. 


Teñen para comprar e levar, pero tamén gostan moito de ofrecer panini e que a xente quede a comer alí (a min non me coincidiu, pero é un lugar de reunion da xente de Nápoles para comer alí dentro da tenda). Por certo que son extremadamente amables e moi pacientes cos que non falamos italiano. 

Explicaronme as diferentes opcións de panino e cada unha das cousas que tiñan para vender. Eran tan enrollados que me deixaron unha mesa que tiñan para levar a contabilidade para que eu poidera comer o meu panino de polpette con friarielli e queixo provola afumado. 



E tamén lles levei un Casatiello que é un pastel salgado que leva chicharrons e un ovo cocido enteiro.




E ademáis de outras cousas, enfrende da pasticceria hai unhas vistas preciosas de Nápoles. ¿Ou non? (Bueno, esta esa torre alta que fastida un pouco a visión, pero polo resto está ben). 




Con posterioridade de ter comido alí cando fun mirar algo sobre o negocio descubrín que é un sitio moi famoso (a onde eu fun dar de casualidade).

lunes, 13 de mayo de 2024

Restaurante O Secadeiro (Outes)


Tanto en tan pouco. O Secadeiro en Outes é unha proposta moi sensata. Un restaurante pequeno, de cociña punteira, pero que busca un equilibrio co seu entorno e ca vida (dos cociñeiros). E o que visita disfruta da excelente comida e da experiencia intima e relaxada. 

O restaurante non funciona á carta, se non que só podes ir a menú. Un menú que vai variando segundo a estación. E consiste en 8 salgados e 2 pratos doces (50€ por persoa, sen bebidas). 

Os 8 Salgados:

Naan con crema de millo. 



Repolo en caldo de kombu con papada.

 
Esparragos da tempada con gambas.

 

Alcachofas fritas con fariña de castaña. 



Bacallao con (escuma) de coliflor. 



Cordeiro glaseado con tirabeques. 


Carbonara de porro. 

Berenxena con katsuobushi. 



Postres:

Tatin de apionabo con xeado de tomillo. 


E un moi orixinal tiramisú servido en pocillos. 




E de beber bebeuse moi ben. Varios viños galegos especiais e inusuais, con uvas non tan habituiais nas súas DOs. 
  • Manuel Formigo: Tino. Uva: Albilla do Avia. (Ribeiro). 
  • Pedro Mendez: Aturuxo. Uva: Caiño Tinto. (Rias Baixas). 
  • Alan de Val Escada. Uva: Garnacha Tintureira. (Valdeorras).  
  • Espumoso Golpe a Golpe. Uvas: Albariño e Loureira Blanca. (Rias Baixas). 

O Secadeiro



domingo, 5 de mayo de 2024

Unha salumeria sempre é unha bóa parada (Il Bocconcino).

Supoño que cando ides de viaxe por ahí sodes coma min e gostades de ir ós mercados e ás tendas da vella escola (e tamén os supermercados, non deixa de ser curioso ver coma mercan e que comen en outros sitios).



Eu estaba de paseo por Sorrento e en Via San Cesareo, entre as tendas de souvenirs, bolsos e roupa, había unpa quenena tenda que detrás das galletas e os limoncellos que tiña na entrada viase que vendía queixos, salumes e incluso viños.



(Aquí comento que Sorrento decepcionoume un pouco, vina moi turistificada, pero coma en todos os sitios, buscando sempre das con algo que se sae do choio, coma esta tendiña).

E alí parei e fun mirar. E falei un pouco co señor que atendía (ainda que eu non me solto moito co italiano). Pregunteille unhas cantas cousas e tamén aproveitei e fixeronme un panino, porque tiña que probar as súas cousas.

E mira, tamén tiven a ocasión de tomar un vasiño de viño tinto de sorrento (que tiña para vender a granel). Planazo.

O sitio, que se paseades por Sorrento ides dar con el sen problemas chamase Il Bocconcino.  


Antica Cantina Sepe - Sanità - Nápoles

Para probar viños en Nápoles: Antica Cantina SEPE. En Sanita (Metro Cavour).

Tratase dunha pequena tenda de viños (se mirades dentro tedes dous tanques de aceiro onde venden o viño a granel), pero tamen poñen unhas mesas fora onde podes tomar viños (ten horario de tenda, pechan as 21h).


E aparte do seu viño teñen botellas de viño, cervexas e licores, especializados en viños da provincia de Campania. E unha parte interesante para os turistas e os paseantes pola zona é que poñen unhas mesas fora onde podes tomar algún dos seus viños e das súas outras bebidas. 


É moi interesante porque ofrecen moitas botellas por copa, co que permiteche dunha maneira moi comoda probar e comparar varios viños!!

O meu plan era probar un dia os brancos e o seguinte tintos, pero polo horario non puiden os tintos. 😭

- Asprinio d’Aversa - Az. Vitematta

- Greco DOC - Vigna Cicogna

- Lacryma Christi - Az. Romano

Os tres viños espectaculares, e ben diferentes (non todo é volcanico en Campania).

Quedei especialmente encandilado do Asprinio (buscade coma son as vides😲). Habitualmente en Aversa fan spumante, pero eu tomei o tranquilo.

Antica Cantina SEPE: 

https://www.facebook.com/p/Antica-Cantina-Sepe-100057442210246/ (Si, ainda funcionan no Facebook, así de auténticos son). 

https://www.instagram.com/antica.cantinasepe/

Antica Cantina Sepe: The Maradona of Wine 



domingo, 28 de abril de 2024

Pizza Fritta Napoletana

 Na miña viaxe a Nápoles unha das cousas que máis tiña interés era en poder probar a pizza fritta. Así na distancia pensaba ¿unha empanadilla? ¿un calzone frito? ¿Coma sería de diferente? 


Logo resultou que me liei un pouco co tema dos horarios e as cousas non puiden ir a tomar as pizzas fritas que eu tiña en mente... pero Nápoles hai tantas pizzerias coma sitios onde tomar pizzas fritas (¿podémolas chamar pizzerias ou como?). Unha nota, coido que hai algunha pizzeria que fai as dúas cousas, pero en xeral vin que teñen separados os dous negocios: unhas só fan ó forno e outras só fan fritas (ainda que moitas das pizzerias famosas da cidade teñen os seus locales de pizza frita). 

Eu din con 1947 Pizza Fritta aberta. Eu que son moi quisquilloso pensei en que era un tanto pijotera, pero era tarde, estaba todo pechando ou non había sitio, e non quería quedar sen probar isto. Así que alá fun. 

Mira, o menú online desta pizzeria é xenial para que vexades as fotos de todas. Tradicionalmente a maioría das pizzas frittas que vin teñen forma de media lúa (coma unha empanadilla), pero tamén as hai redondas. 

Eu pedin un exemplar curioso e contuntende: pizza de grelos (friarielli), provola e rixóns (cicoli). E levei a sorpresa que era redonda, grande e viña ben inflada. 



Inicialmente empachoume un pouco. Claro, toda esa masa frita, quente, e ademáis con todo ese queixo e porco... non é precisamente algo bó para as ceas. 

Pero ... logo mira, ó día seguinte tiña ganas de volver a probar unha pizza frita. Oes, está rica, ten unha cousa moi especial, e mira, quedei con moi bó recordo. 

(O tema é que tiña que probar outras moitas cousas en Nápoles e decidín non repetir pizza frita, pero agora quedo ca pena de non ter probado máis. Para outra viaxe). 

E sobre se é coma unha empanadilla ou se é coma un calzone... pois non sei, coido que non é o mesmo. Para empezar ven sempre recén feita e quente. A segunda cousa é que usan masa levedada, co que ven bastante aireada (as empanadillas adoitan a ser tirando a compactas). E non sei, co tema do calzone non sei. A principal diferencia que sí vexo é que a maioría das pizzas frittas non levan tanto queixo nen tentan parecer unha pizza ó forno. 

Bueno, e non sei, se ides por Nápoles, hai varios sitios ben famosos de pizza fritta. Os máis auténticos funcionan durante o día (claramente cenar pizza frita é un pouco arriscado). 

E se coma me pasou a min, non podedes ír ó mediodía, pois podedes ir a 1947 Pizza Frita, que está aberta ata ben tarde:




viernes, 19 de abril de 2024

Terras do Navia: Bodega Panchin


Coma comentara o outro día sobre a miña visita a Negueira de Muñiz, informeime sobre que adegas se podían visitar e chamei a Bodega Panchin, e dixo, que ainda que xa rematara todo o viño da colleita podía visitar e incluso se tal probar a nova colleita. 

Cando entras en Negueira e colles a rua cara a praza do concello, un pouquiño antes de chegar a man esquerda ves un fermoso hórreo. Pois xusto ahí embaixo é onde ten a adega Manuel Panchín. 



Manuel recibiume e poidemos ver un pouco a adega e falar do viño da rexión Porque eu tiña moita curiosidade un pouco da súa historia. Tradición de viño ten que ter en Negueira ¿non vedes que no seu escuro hai dúas viñas? 

Manuel contoume que ainda que poda parecer que non, o val de Navia ten un clima moi axeitado para as vides: frío en inverno e ben cálido no verán, con bóa insolación e terras axeitadas para o cultivo. E sempre houbo tradición de ter viño ahí. Non sei se vendían moito fora, pero todos os de alí tiñan viño para si. 

Pero nos anos 50 comenzaron a construir o encoro de Grandas de Salirne no Navia e o choio cambiou. Durante os anos que se estivo construido houbo moita xente traballando. E esta xente quería beber e por suposto querían do viño. Pero, para dar abasto a tanta demanda comenzaronse a plantar vides máis rendibles e en terreos non demasiado axeitados. O viño foi baixando de calidade e tamén remataron as obras e xa non había demanda para o viño. Abandonouse un tanto a producción. Tamén neses anos os viciños foron emigrando e a despoboarse o concello co que tamén foi abandonadose o coidado das viñas. 

O choio é que cando chegamos ó século XXI pois a elaboración de viño en Negueira esteba un pouco desaparecida. Pero uns cantos entusiastas (viciños que coma outros tiveran que marchar a traballar a outros lugares pero que mantiveron o traballo no viño) quixeron elaborar viño para a venta e quixeron tamén estar dentro dunha denominación. A burocracia é complicada e deron moitas voltas e tardaron moitos anos, e en lugar de denominación constituironse nunha Indicación Xeográfica Protexida de Terras do Navia




E agora falamos un pouco dos viños de Manuel Panchín. Que coma dixera non lle quedaba nengunha botella do ano paso. Todo vendido e pode que todo bebido. Coido que é bo sinal. Canda menos si está tendo éxito en conseguir que se tomen os seus viños. 


Vendo a súa adega como vedes ten unha chea de tanques de aceiro. E cada unha etiquetada cunha información diferente. Pois porque logo duns anos vinificando as uvas de diferentes leiras todas xuntas, coma se fixo sempre tradicionalmente, coidou que era bó ir venco coma era cada un dos terreos e coma son as características. E así fixo, cada viña esta no seu tanque. E poidemos probar estes viñes recen fermentados e ainda non listos pero... claramente xa se lle notaba moita diferencia. Coma comenta Manuel el xa sospeitaba de estas diferencias por haber diferentes tipos de terreo (ben de lousa ou ben de arxila), e logo tamén pola disposición ou a idade das cepas. 

Actualmente tiña coma 5 ou 6 brancos diferentes, cada un no seu tanque e outros tantos tintos. A ver, xa nin tiña sitio para máis a saber coam fai. Tampouco ten decidido se vai ensablalos logo de cara a metelos en botella ou se van a venderse cada un por si. Teño curiosidade en ver coma vai esta colleita. 


 
A ver sabendo que son viños ainda recen rematados de fermentar e faltándolles a min gustaronme moito os brancos. Uns viños tiñan unha mineralidade intensa, outros máis voluptuosos. Todos prometían moi bo ano. 

En canto ós tintos puiden probar os seus mencias e os seus merenzaos (que en Negueira chaman Verdello tinto). 

Bueno coma dixen xa non tiña botellas pero si había estas de mostra de outros anos. 

Plans para visitar Negueira de Muñiz e as súas adegas:

martes, 16 de abril de 2024

Terras do Navia: Adega Sidrón

Hai un par de anos apareceron as novas IXP de viño en Galicia: Terra de Betanzos, Ribeiras do Morrazo, Terra de Barbanza e Iria, Val do Miño-Ourense e Terras do Navia. E de todas estas unha das que máis curiosidade me daba era a de Terras do Navia

Eu non coñezo moito a rexión do val de Navia, pero a idea de que se poidese dar viño a pe dos Ancares facíaseme moi exótico e extraño. Extraño porque eu non sei tanto de viños e por outro lado tempos un pouco de prexuizos (en Francia e Italia, pegado ós Alpes teñen viños ben prestixiosos). 

O choio é que quedaba ca curiosidade porque non daba probado os viños, non os via por ningún lado e non sabía coma serían. Pero todo cambiou de maneira curiosa cando fun o outono pasado á feira Castes en Vilagarcía

Alí entre todas as mestas topei con estas botellas: eran os viños de Adegas Sidrón é detrás da mesa estaba Rosa deixando probar os seus viños: 

E aquilo foi toda unha sorpresa. Cando probei os viños, eu esperaba (estando tan ó norte e alí nas montañas) que serían viños de estes con pouca graduación, moi frescos (ou ácedos se queredes ser malos). Pero non...  probei os viños eran moi cálidos. Potentes, con boa estructura, e cunhas uvas e uns aromas moi orixinais (especialmente nos brancos lexítimos). 

Quedei co folleto e quedei ca idea de achegarme por Negueira de Muñiz para coñecer ese val, e de poder ser posible visitar a Adega Sidrón. No caso de Sidrón a cousa está fácil porque comparten Adega e Restaurante: Adega Sidrón e o Restaurante Sidrón. Así que en decembro arranxei unha viaxe, reservei para comer no restaurante e visita á adega. 

Moitos coñecedes Negueira de Muñiz e o val de Navia. Se chegades alí dende a Fonsagrada, baixades por entre uns bosques pero cando estades chegado ó encoro, na marxe leste do val veredes que hai hortiñas, froiteiras e ... de cando en cando pequenas pareclas con vides. Tal coma me contara Rosa, esa parte do val ten un clima moi moderado que lles da para cultivar moitas cousas. 

Do restaurante Casa Sidrón xa escribin un post, e hoxe voume centra na adega. As vides de Sidrón están localizadas no lugar de Pieiga (de feito os viños levan o nome do lugar: DPieiga) nos arredores da casa da familia. E cousa curiosa (e que é así porque a casa esta construida nunha ladeira) que a adega esta por riba da casa:  


Para os que teñades visto adegas comerciais de Rias Baixas e Ribeiro, vanvos parecer pequenos. Pero claro aquí é outro conto. Son adegas pequenas, e con pouca producción (pero co tempo a cousa xa crecerá, e xa verán coma fan).

Coma xa é standard en Galicia, fermentación en inox. E para algunhas das súas elaboracións máis selectas, pois os viños pasan por barrica. 


De feito aquí en primeiro plano tedes as barricas dos tintos A Valía (monovarietal de Tinto Sorodo) e A Marcada (Mencía, Albarín tinto, Merenzao). E ó fondo esta onde envellece o Pizcos (monovarietal de Blanco Lexítimo). 


Eu cando estiven alí de visita bebín media botella do Pizcos e trouxen unha para casa. (Coma vedes na etiqueta, non vai a haber moitas botellas de esa por ahí adiante, hai que aproveitar). O que me encatou do Pizcos é que por un lado está a parte aromática moi orixinal que ten a Blanca Lexítima, voluptuoso no sabor e con boa estructura. Fresco pero ben equilibrado. Eu coido que vai a permitir moita gardas. Así que esa botella quedará na casa uns anos, e xa veremos coma foi. 


E non podía marchar de alí sen traer máis botellas. Coma digo, non esta sinxelo comprar viños de Terras de Navia. Así que viuse conmigo esta moi orixinal A Valía. Iste é un viño de esto que din "de pago", porque son todas uvas da viña A Valía, e de Tinto Sorodo. Uva da que non sei moito, pero vou ver se aguanto as gans de probar. Coma co Pizcas a miña idea é deixalo un tempiño que vaia afinando na botella. Promete, promete moito. 

Coma xa comentei ó principio eu quedei ben sorprendido cos viños de DPieiga. Se cchegachedes ata aquí se cadra estades pensando en conseguir algún... Bueno, xa buscaredes online pero non son viños baratos. Fan ben, son producción moi escasa e supon bastante coste producilos. E o resultado coma dixen da viños con complexidade e boa capacidade. E lóxico que lles poñan o precio que merecen. 

Se queredes facer a visita e se queredes ir polo restaurante pois recomendo chamar e acordar con eles se queredes reservar ou visitar: Casa Sidrón

Por certo deixo aquí uns cantos enlaces por se queredes saber algo máis sobre Adega Sidrón e os viños de Terra de Navia: