miércoles, 4 de abril de 2018

¡Ostras! (do Pacífico)

Na Semana Santa estiven na Costa Chica (é unha zona nada pequena da costa do Pacífico méxicano que vai de Acapulco ata Oaxaca), visitando as praias e vendo que había por alí.

Supoño que algún de vos que leades esto coñeceredes México. Coñeceredes a "Riviera Maya", ou o Caribe mexicano. Bueno isto é outra cousa.

Isto é unha praia enorme, e maiormente valdeira.


E nunha esquina da praia hai estas "enramadas" ou "palapas" que monta con catro paus e unhas palmas de cocoteiro. Ahí ofrecen algo de comida, cervexas e refrescos, á xente que vai á praia ...


... pero sobre todo ofrecen protección. Porque nunha praia mexicana do Pacífico non podes estar ó sol máis de 20 minutos. Morres. A arena arde, o sol queima, o calor é intenso. A única maneira de sair vivo do choio é estando debaixo dunha enramada.

E no medio da praia había estes penedos (todo o demáis xa vichedes, era area por kilómetros):


Non sei se se ve de cerca, pero arrimados ós penedos vese un grupo de xente. ¿Que carallo facían?

Pois estaban ahí pegados a unha cruz pescando con rede e tamén vendían tiritas (un tipo de ceviche do que ... ainda non falei do blog) e un tipo abrindo ostras.




Inicialmente nen tiña pensado probar as ostras ... demasiado risco. Andar tomando marisco cru, ahí nun lugar perdido e cun tipo que lavaba as ostras todas no mesmo caldeiro ...

... pero ó rato fun pensando:

  • Non son ostras normais das que coñeza, son ostras do Pacífico, e non son exactamente a ostra xaponesa que agora cultivan en Europa
  • Son ostras silvestres, nada de cultivadas 
Así que non quixen deixar pasar a oportunidade de probar iso, e a ver que tal saía do choio. 

A primeira gran sorpresa é o grande que eran os bichos. Bueno alguns bichos. Coma digo ó ser ostras salvaxes pois non as recollen de maneira planificada. Van e collen o que topan no banco e para casa. Así que unhas eran enormes e outras eran pequenas. O señor que vendía as outras foi bastante xeitoso e deume coma 4 grandísimas e 2 pequenas.

 Con esta imaxe vese un pouco máis comparado ca miña mau (bueno a foto é un pouco chusqueira, pero que lle imos facer).

A outras sorpresa e que se ben os bichos abrironmos diante miña, cando lles puxen limón (si en México o limón e iso, e non o noso) non se moveron nada. Así que debían estar ben mortas.


E alá foron as 6. Era ben extraño tomar ostras tan grandes e con tanta carne, pero tiñan bó sabor. Non se notaban especialmente iodadas. A carne firme e consistente. Nengún sabor lodoso (estas non son ostras de esteiro, son de mar aberto). Estiveron ben.



 Deixo aquí unha imaxe de coma eran as cunchas polo revés, para que vexades que forma rara tiñan. Non eran a ostra redonda galega, nen a alongada e revirichada xaponesa, se non unha cousa medio intermedia.

Por certo, a pesar da miña preocupación inicial e que non lle notase movemento ás ostras antes de tomalas, o certo é que xa pasaron uns cantos días e sigo ben e sano. Cero problemas. Así que mereceu a pena tomar o risco.


viernes, 16 de marzo de 2018

The spy who dined alone

I am at Nate 'n Al for the smoked salmon and the "everything" bagel, but for something else too: the people-watching. The pleasures of eating alone are obvious. You get to eat what you want, how you want. It is one of adulthood's great indulgences. But who admits to its other profound pleasure, the licence it gives you to spy on people?

 

Coñecedes a Jay Rayner? É o critico culinario do Guardian inglés. Non sei que tal é coma crítico culinario (non tiven ocasión de ir a nengún restaurante que teña reseñado, para comparar se o que opina coincide co que eu pense), pero é divertidísimo coma escritor. Tómase moi a coña o tema da crítica culinaria e sobre todo escrebe de maneira moi isqueante (chispeante sería un castelanismo, non? 😁). 

Pero este artigo tocoume moi de cerca. Por diversas razóns ... eu tamén adoito a ir a comer moito nos sitios. E o certo é que cando estas ti só na mesa non podes evitar ver ás outras mesas que hai diante túa, e ainda que non queiras acabas escoitando as conversas das outras mesas (cando estamoso en grupo nun restaurante non nos damos conta, pero en xeral falamos moi alto). Contrariamente a Jay, eu non me esforzo nada a intentar crear narracións sobre os outros comensais ou enteirarme de que falan, de feito fago todo o posible por abstraerme e non escoitar nen ver nada. 

Onde si estoy de acordo con Jay e nestas pequenas avantaxes de ir a comer só:

The pleasures of eating alone are obvious. You get to eat what you want, how you want. 


miércoles, 28 de febrero de 2018

Everything Mustard

 This was a quite interesting programme about Mustard. From what plant the mustard is (and it is related with something we really enjoy in Galicia like kale -berza- or turnip -nabo), why the plant has developed the pungent taste, why we humans enjoy that pungent taste, and many more things ...



I find mustard an interesting topic because I am from one of the countries in Europe were mustard is less appreciated. We only seem to started using it as american fast food came (and using the american yellow mustard). But I do like mustard.

domingo, 25 de febrero de 2018

Pistas: ¿Cocktails en Vigo? ¿Monk Blues Coctel Bar?

Un bó sitio onde tomar cocktails 🍸 en Vigo. E non falo de mojitos e caipis, estou falando de Martini, Mai Tai, Negroni, Moscow Mule, Manhattan, Brandy Alexander, Gin Fizz, Daiquiri...

Todos feitos no momento é comme il faut. 


Tamen, para os amantes de whisky 🥃, máis de 40 referencias, scotch, bourbon, irlandés, canadiense e xaponés. Malt, corn y rye. De todo tipo. 

E nun sitio con moi bo ambiente, jazz e blues de fondo, e habitualmente musica en directo.


Monk Blues Cafe/Coctel Bar
Rúa do Uruguai, 28, 
36201 Vigo

sábado, 24 de febrero de 2018

Unha de branco

Estas últimas semanas que ando por Vigo deume por pasear un pouco polo vicindario (e máis alá porque cando dou en andar ainda vou dar lonxe) e de cando en cando fago unha pausa para tomar un viño, entrando e pedindo: (¿Pódesme poñer...)  "unha de branco" ( ... por favor)

E se un vai a un bar ou tasca máis ou menos vetarano, con isto xa é suficiente: sacan o seu viño da casa.

Non funciona nunha vinoteca, nen nun gastrobar, nen nunha cafetería ... porque alí esta expresión non funciona ... porque teñen "un albariño, un Ribeiro, un godello", e tes que dicirlle cal queres.

Así que en resumo, o que estou facendo e ir de bares de vello (ou non tanto) a probar o viño branco "da casa". Que é unha aventura en sí. Non sabes moi ben coma vai ser ese branco. Por non saber nen sabes se será, vaso, copa ou qué.

Hai un pouco de todo. Moitos sitios teñen botellas sen nome pero si con etiqueta, que adoita a ser un palomino de sabor doce e non gran cousa. Outros teñen viño de bocoi turbio, que serven nunha xerra aireandoo. É sempre unha sorpresa. Ás veces mala e ás veces bóa.  Pero sobre todo non é previsible e aburrido. Por contra ir a pedir viños nos outros sitios, sempre acabas cun viño correcto ou bó pero non hai aventura.

Non vou falar dos sitios malos, pero si vou a lembrar uns cantos sitios que tiveron bóa cousa. Curiosamente, a pesar de ter pateado bastante, os 3 sitios que máis me chistaron son os que están máis perto da miña casa.
  • Bar Estrada: teñen un branco condado moi xeitoso
  • Bar Rocío: o viño quedoulles un tanto máis rústico, pero ten ese punto ácedo que eun espera dun "país" 
  • Asador Serodio: aquí o viño estaba con bo gusto, cun bo equilibrio entre o afroitado e o ácedo
  • A Adega de Cholo e de Rosa: o viño quedoulles un tanto turbio e está rasposo, pero por contra, teñen unha empanada moi xeitosa

miércoles, 21 de febrero de 2018

Pistas: ¿Southern BBQ? ¿Porco Rosso?

Me atrae mucho el concepto de Southern BBQ (o sea, la barbacoa que preparan en el sur de los USA: la que está hecha cocinada y ahumada al tiempo y untada en salsa). Se que hay varias cadenas de comida que dicen ofrecer BBQ en Ciudad de México pero ninguna de ellas me ha parecido gran cosa. Realmente parece que está ofreciendo platos recalentados. 

Por contra el Porco Rosso que hay en Roma (y en otras partes de la ciudad, pero prefiero el Porco Rosso de Roma porque es al aire libre) me gustó: 



Eso sí, vayan advertidos, el lugar es caro. Pero para ir un grupo de amigos, dado que se pueden compartir los cortes, es conveniente.

Porco Rosso Roma
Zacatecas 102, 
Roma Nte., 
06700 Ciudad de México, 
CDMX, Mexico

lunes, 19 de febrero de 2018

Pistas: ¿Tacos en Santiago? ¿Old Skull Tacos?

A ver, hai un sitio para tomar "tacos" en Santiago de Compostela.... Old Skull Tacos (por San Clemente). 

¿Que tal é? Pois recomendable, ide probar. 

(Os tacos "non hai collons")

A ver, o Skull non é nada tradicional mexicano (faltalle: teñen que dourar mais as tortillas, cebola e colantro, e mais carne grasosa - pastor ou carnitas ). Pero é unha taqueria "fashion" estilo Condesa ou Roma (vamos que en CDMX hai tacos asi - poucos pero hai). 

Autenticidade ou non, os puntos fortes son:
- especializados en tacos e podes pedir tacos soltos (e mais unha taqueria ca un restaurante) 🙌 
- guisos jugosos (e hai veganos e de marisco) 👍
- a salsa picantisima: esta feita de habanero fresco ✌️


(Unha das cousas boas e que podes encargar un variado de todos os tacos)


(O burrito è grande e abundante, pero eu prefiro os tacos)

OLD SKULL TACOS 💀 
Rúa de San Clemente, 2
15705 Santiago de Compostela
A Coruña, España

sábado, 17 de febrero de 2018

Coma New York: pizza a porcions

Non hai nada mais de New York cas "pizza slices". Que son eses triangulos de pizza linguisimos, moi vermello (moita salsa de tomate parece ser importante ma receita). 

Para min o neoiorquino non é tanto o da "pizza" (que hai en mil sitios), se non o "slice". O de vendelas en porcions soltas e andar rillando unha soa (eso si, grande) pola rua. 

A "pizza slice" è puro NY.

Ata que vas a Mexico e descubres que o de andar cun cacho de pizza pola rúa é totalmente habitual. E tamen o de vender pizzas xa feitas a porcions. E incluso din "rebanada" (que é a traducción directa de "slice"). Pero se ben teñen a forma e o tamaño das neoiorquinas, as mexicanas son de masa gorda) e teñen pouco tomate (no país do tomate: certo é que os mexicanos logo untanas de ketchup). Estas pizzas estilan nos barrios populares e pobos mecicanos (non os veredes nas zonas bien).

Toda esta historia ven porque temos unha pizzeria que vende a rebanadas en Travesas:



A pizza non é estilo New York, e as porcions son mais anchas e pequenas.... pero canda menos a opcion de rillar cachos de pizza pola rua existe.

(Sei que sempre houbo pastelerias que vendian rectangulos ou minipizzas, pero non eran nen choios parecidos) 

domingo, 4 de febrero de 2018

Restaurante Kero (Vigo): Peruano & máis alá

Non sei canto tempo leva aberto exactamente (porque pasei estes 3 anos máis tempo en México ca en Vigo) pero canda menos si lembro que levo máis de un ano vendo o restaurante Kero (que está pola zona de Montero Ríos-Plaza de Compostela). E xa lle tiña ganas. Pero non tiven ocasión (porque paro moi pouco tempo en Vigo e non daba topado tempo). 

Kero anunciase coma restaurante peruano, e certo é, porque o seu chef e creador é peruano. Pero Kero é algo máis ca un restaurante de cociña peruana,… coma ides ver pronto. 

Eu fun a probar o menú degustación (35€) e tamén pedín a opción de maridaxe (5 viños, 11€). Hai tamén menús máis curtos, e tamén se queredes podedes escoller na carta. Vamos, hai para todas as opcións. (De feito hai menús do día de 14€ e 19€) 


Eu sempre recomendo comezar co Pisco Sour. Xa sei que en España somos máis de tomar os cocteles coma dixestivos (ou sexa despois), pero eu coido que os sours son máis aperitivos así que vai perfecto para comenzar. 

A nota, importante, non fagades coma fixen eu de langrán: as dúas gotas de Angostura non hai que deixalas aí no medio, hai que remexer un pouco co cano para que quede un dibuxiño. Ha saberbos ainda mellor. 


Para ir petisqueando, unhas chips de platano feitas na casa, cun chisco de picante e varias especias. 


O aperitivo para ir facendo dente era una fusión galego-peruana: "patacones" (que non son patacas, son platano macho frito) con chourizo ceboleiro galego (a receta orixinal amazónica faise con cecina, e a cecina en Perú é de porco especiada con pementón, así que por iso semella o chourizo), con esas boliñas de guacamole. 


Máis fusión pero de outro tipo, peruana-xaponesa. Neste caso son gyozas de "sudado de pescado" cuberto con crema de langostino. Si, xa sei que o nome do sudado non vos presta, pero trátase dunha receta típica peruana algo semellante a unha caldeirada de peixe.

 

Xa estaredes pensando … ¿aquí non hai ceviche? Pois claro que sí. Neste caso, preparou un ceviche clásico, non tan clásico de lubina, que non lle faltaba nada: isto é, a lubina, o limón, a cebola morada, o boniato (as boliñas de puré laranxa), 2 tipos de millo, o blanco e o marelo fritro. Pero ademáis tiña un par de toques novedosos: había feito uns crocantes co pelexo da propia lubina e algas en tempura. Só por probar este ceviche tedes que pasar polo Kero. 


Champange francés coma parte da maridaxe.


Mar e montaña… e non teño 100% claro se esto é un plato típico peruano ou un invento de Juan: guiso de tendóns de ternreira con mexillóns. Mar e terra. Todo nun plato. Outro dos momentazos do menú.


Unha merluza cociñada a baixa temperatura, con puré de patata e salsiña de marisco. 

E xa pasamos ós postres:


Aquí temos varios merenges, xelados, cremas e doces. 


Outro dos imprescindibles é unha razón para ir a Kero: a súa versión do suspiro limeño. Neste caso é doce, ácido e refrescante (esa espuma de limón) e ten un chisco salgado no fondo de galleta. Tedes que probalo. E o mellor que teña probado nos varios restaurantes que teño ido (e estiven no de Gastón Acurio, e non é tan bó coma o de Kero). 


Pero gardade un pouco de sitio para o final, porque Juan fai uns "petit fours" abraiantes. Os de chocolate son de estes que te queres sacar os ollos do bó que está, a fruta glaseada esta tremenda. 

Moi, moi, recomendable.

E non só para curiosos pola cociña peruana. Estamos ante un restaurante dun cociñeiro peruano, pero que ten traballado moitos anos con grandes cociñeiros en España, así que tamén tedes a ocasión de probar da cociña e das técnicas máis modernas que poidades ver polo mundo (e sen necesidade de sair de Vigo).