Na foto salen Adriá, Gastón, e máis cociñeiros famosos cun chaleco antireflectante almorzando cedo nun dos sushi bars que hai na lonxa de Tsukiji. Esta foto fíxome lembrar (una vez máis) que eu tamén estiven alí almorzando. E ía escribir un pequeno post sobre a experiencia xa que tiña foto ilustrativa ...
... pero en pouco tempo, fixandome ben na foto, descubrín que non comín nese sitio. Eu comín nun que tiña outra barra. A barra era de madeira e estaba lixeiramente inclinada. Servía de plato: antes da ronda de sushis, pasaban uns trapos para limpar. O sitio era tal que así:
Foto de pjah73 |
Xa falara outra vez da miña visita a Tsukiji en Laconada, pero coma é unha das historias máis interesantes que teño, pois voltarei a contalo.
E moi curioso, que alá polo 2001 cando estiven en Xapón non era para nada eu un gourmet. Tiña en mente probar sushi auténtico en estilo xapones, e o certo é que todo coincidiu para que rematasemos almorzando de madrugada, neste sitio da foto.
Unhas cantas cousas:
- Nas fotos que teño visto (tiven que buscar moitas fotos en Internet para dar localizado o sitio onde eu comera) a maioría de estos sitios están cheos de turistas, ou de xaponeses con cara de ir comer fora. Moito cambiou o conta: alá cando estiven eu, no 2001, eramos só 2 extranxeiros, e o resto da barra eran todos traballadores da lonxa, cas súas botas e os seus monos e chalecos de colores
- Non creo que sexan (coma din moitos en interné) os mellores restaurantes de sushi do mundo, pero o que sí, é que teñen algo especial: traballan con peixe recén morto, apenas refrixerado (para algo están na lonxa). A verdade é que é moi especial eso de tomar o peixe morno.
- O toque ese medio cutre de comer na propia barra e nun sitio tan canijo e trapalleiro, é un puntazo. (No noso caso, tiña a avantaxe que estaban abertos dende as 6:00 da mañá, que tiñamos fame a eito)
No hay comentarios:
Publicar un comentario