jueves, 31 de enero de 2013

Narón Gastronómico: Entroido 2013

Vaia, coma temos un laconeiro de Narón (Polo) imoslle dar promoción a unha iniciativa gastronómica do Concello de Narón. (Promoción que facemos de gratis e sen retribución algunha, porque nos caen ben a xente de Narón e gostanos que haxa iniciativas gastronómicas).


Máis info na súa páxina de Facebook:

Coma podedes ver as datas son as próximas 2 semanas. Cito textualmente:

Desde o 1 ao 12 de febreiro, ambos incluídos, os locais adheridos ao programa prepararán tapas e pinchos típicos do entroido que poderán ser degustados de forma gratuíta polos clientes que acudan durante estas datas. 
As persoas que vaian disfrazadas terán dereito a participar nun sorteo de 10 ceas para dúas persoas nalgún dos restaurantes ou tabernas participantes,  cumprimentando un boleto cos seus datos de contacto para comunicarlles o premio no caso de resultaren gañadores.  

Ademáis de todo esto, pareceume moi interesante a lista de tapas que se presenta. É un moi bó inventario de pratos típicos de Entroido. Moi interesante comparar cales son os platos típicos do entroido de Ferrolterra (bueno, non todos son necesariamente tradicionais):

Café bar Vidal +3 (Tortilla con grelos e morros); Caña Aki (Orella con picante,  revolto de grelos, orellas e filloas); Tokiño (Cocido completo); Mesón A Comarca (Orella con grelos); Cervecería Percha (Freixós de carne e crema); Mesón O Fogar (Revolto de grelos con carne, torradas de leite e freixós); Restaurante Ortegal (Revolto de grelos con gambas, lacón con patacas e chourizo); La Central (Manciñas de porco, tortilla con grelos, cocido, freixós e torradas de leite); Café-Bar Cazadores (Cocido completo); Cafetería Xanela (Revolto de grelos, tortilla, freixós e torradas de leite); Restaurante Fortunato  (Sucruta de porco, orella con pemento, lacón); Café-Bar Gran Sol (Repolo con tripas, filloas e torradas de leite); Café Bar Bonxu  (Cocido, tripas, orella con aceite e pemento); Hollywood (Cocido completo, grelos con costela); Taberna Chis (Cocido completo, grelos con orella e rabo), Mesón O Perdidiño (Caldo con costela, touciño, rabo, orella, filloas); Porto Astur (Lingua encebolada, cocido, filloas con mel), Mesón O Alecrín (Empanadiñas de lacón con grelos, filloas recheas); Café-Bar España (Orella á feira, patacas, grelos e lacón); Romero II (Pincho de Entroido); L.S. Club Solaina Xubilados (Pincho de Entroido); Cervecería Australian (Tira do Viño); Cervecería New Orleans (Pincho de Entroido); Bar Gaultier Cafetería (Vol ao vent Gaultier con ovo de codorniz); Cervecería O Druída (Brocheta de orella, tallaríns de morro, albóndigas de cocido, pizlloa de cocido); Cervecería Indalo (lacón con grelos, orella, chourizos ao viño); Mesón O Pío (Pincho de Entroido); Silver 200 Monjes (Bocados de entroido); Vinatería Philadelphia (Pincho de Entroido); O Recanto (Pincho O Recanto); Estrela da Castela (Pincho de Entroido); Ronsel II Praza do Concello (Orellas); Bar Terra-Chá (Freixós); Cervecería Plaza (Torradas de leite); Restaurante A Ponte (Pincho de Entroido); Cafe-Bar Marinito (Cocido, tortilla con roxós, chicharróns, orellas, liscos); Sidrería Astur (Tortos de maínzo con San Martín, Orella, Lacón, Casadielles); O Petisco (Cocido de xabarín); Bar Vituco (Callos, cocido, tripas, orella); Restaurante A Trasanquesa (Roxós con grelos); Café Bar Exedra (Pincho de Entroido), Cervecería O Paseo (Pincho de Entroido); O Pozo (Pincho de Entroido); Pizzería Plaza (Pincho de Entroido), Excelsior (Pincho de Entroido); Café Bar La Comarca (Pincho de Entroido); Vip Burguer (Freixós); O Rincón de Antonio (Lacón ao forno artesán con cabrales, ovo de codorniz con criollo e patacas, churrasco picante con cachelo á feira); Cafe-Bar Los Guajes (Lacón con grelos, torradas; La Barra de Orro (Pincho de Entroido); Romero I (Pincho de Entroido) y 3Pes (Pincho Entroido). 

No hay comentarios: