Así que por unha bóa ración de xoubas ... eu sería capaz de ir ó fin do mundo. Ainda que non fixo falta, porque o Eligio está no centriño de Vigo, ó lado de Principe.
O Eligio é un éxito de por sí. Contrariamente a outros sitios non ten que preocuparse de deseño ou decoración. De maneira natural é tradicional e chamativo, non lle fai falla andar con voltas.
Xoubas rebozadas (a razón que me trouxo aquí)
O Eligio é un sitio onde se coida o viño, así que cando pedimos un 'reserva' (un Rioja Reserva) , decantárono, para poder aprecialo ben. (Detalle a ter en conta).
Bueno, pois en resume, estamos falando dun lugar moi interesante e recomendable en Vigo. Un lugar moi enfocado e específico: só sirven viño, cervexa, tapas e racións. Un lugar fabuloso para compartir un viño e acompañar cuns pinchiños. Non é un restaurante, pero coma podedes ver, podese cenar ben.
Eligio
Travesía Aurora, 4
Vigo
Telefono: 986 22 21 93
No hay comentarios:
Publicar un comentario