martes, 5 de febrero de 2019

Callos en Os Peares (que esta en A Estrada)

En A Estrada son todo un clásico: os callos de Os Peares, que esta no centro, pegado ó Mercado. ¿E que tal están?


Pois están moi ben. Incluso a min, que non me gustan os callos, metinlles o dente e quedei convencido. Sonvos un pouco diferentes do habitual ... a salsa é moi espesa e bastante especiada. Os garbanzos estaban firmes, non moi sobrecocidos. Igual ca o callo, que non estaba xelatinoso como en moitos sitios. A min e os acompañantes gustounos moito (e semella que a maioría de A Estrada tamén).


O Bar Os Peares é de estes lugares traen lembranza de fai tempo. A súa porta de madeira cun cartel pintado de hai anos. 


De este sitios onde tes a carta pintada nunha pizarra.


Teñen viño da casa en cuncas:


Ademáis dos callos, probámoslle as croquetas. Coma podedes ver son da casa, claramente (non hai 2 que teñan o mesmo tamaño). 

Tamén teñen richada.

E de postre teñen unhas filloas, que si son filloas (e non crepes coma en moitos sitios). Grandes, finiñas ... 

E teñen a tarta de queixo coma a que facía a túa nai. 

Moi bo sitio, totalmente recomendable.


2 comentarios:

Guro dijo...

Me sorprende lo del vino en taza. Cuando estuve por la zona no lo llegué a ver... ¿Es habitual? ¿Me lo perdí yo? ¿O es sólo característico de este sitio?
Por cierto, mi marido se pidió la tarta de queso sin hornear y craso error jejeje...
Gracias por la review! Comparto :D
Saludos,
Conchi
http://www.laconada.com/2012/09/des-halles-rungis-carne-bovina.html

Xose Ramos dijo...

Buenas ...
Es habitual, pero sólo si pides el vino de la casa (Ribeiro). Este vino lo tienen a granel y te lo sirven con una jarra y tazas.
El vino que tienen de botella si es en copas.