jueves, 7 de junio de 2012

Italia: 'questo è un buon aperitivo'

Me siento en la mesa y pido yo un aperitivo....


Y vaya aperitivo... De hecho, los italianos que estaban a mi lado exclamaron... 'questo è un buon aperitivo'... y estoy seguro que estos señores han visto muchos aperitivos italianos.

El aperitivo era de vino espumoso (prosecco, aunque podría ser de otro lado, de hecho en Lombardía hay vinos espumosos) con zumo de naranja. Y luego viene la sopresa porque el acompañamiento se esforzaron mucho (normalmente no traen gran cosa a lo sumo aceitunas o patatas fritas):

Aceitunas negras (muy diferentes de las cacereñas), aceitunas verdes, patatas fritas y lo mejor, ricotta salada para untar en unos grissini y unas tortas de pan excelentes. Para acompañar una copa de prosecco con zumo de naranja.

Me salió por 5€, que teniendo en cuenta que una copa de prosecco suele a salir a 4€, no es precio.

El sitio (un lugar con unas vistas excelentes y relajadas en el castillo de San Virgilio - hay que tomar el segundo funicular) es Il Baretto de San Virgilio
 

miércoles, 6 de junio de 2012

Osteria Francescana: impactante

Que sorte que se manten no menu a lexendario "Homenaxe a Thelonius Monk":




A minha homenaxe a Thelonius:


O resto xa vira con tempo, pero anticipo que e lexendario, e por riba de calqueira expectativa que un poida ter.

martes, 5 de junio de 2012

Se a sorte acompaña, estarei na Osteria Francescana

¿Coma decido se me apetece ir a comer nun sitio ou non? Bueno, case sempre é a curiosidade, bóas referencias (ou malas, dependendendo de coma sexan os gustos de quen recomende). No caso da distancia, nunha viaxe, para decidir que restaurante apetece, gosto de mirar as fotos que fai a xente. (Hai unha polémica sobre eso: o da xente fotografiando platos, para uns é unha cousa moi snob e molesta, pero para min eme de moita utilidade. Gústame ver o que serven). E non un caso raro, porque vexo que tamén Manuel Gago gosta de ver as fotos, as fotos feitas por comensales, non as que aparecen nos dominicales ou as que hai na web do restaurante:

"Nos últimos anos temos chegado a unha convicción case profesional. A penas precisas ver as fotografías dos pratos para decatarte da calidade e do xenio de cociña. As fotografías, ben feitas, adoitan falar soas. E non é preciso que haxa un gran estilista detrás da montaxe do prato: tanto se son servidos ao xeito tradicional como se son montadas por un magnífico xefe de cociña dun restaurante de tres estrelas." (Manolo Gago en Capítulo 0)

E o que ven logo ten que ver tamén con Manolo Gago (e Sole Felloza). Eu escoitara falar xa dun restaurante italiano chamado Osteria Francescana: o seu cociñeiro xefe Massimo Bottura é archifamoso (o cociñeiro estrela en Italia), Michelin a ten consideradísmo e sale arriba na lista dos 50 mellores restaurantes do mundo..... Pero nada de esto me chamara especialmente a atención.

Pero fai uns anos Manolo Gago pasou por Italia e parou na Ostería, e logo publicaron un relato do seu xantar con fantásticas fotos de Sole (que sabe de fotografía un mundo):

Osteria Francescana: o surf na gastronomía

Por exemplo:
"O seguinte plato, o Negro sobre Negro, homenaxe a Thelonius Monk, foi para min un dos pratazos do menú. Trátase dun bacallau tostado, depositado sobre unha cama de fideos negros de sepia e tamén unha sopa de tinta de lura"


E foi ver esas fotos e quedei impresionado, non sei, pareceume unha cociña moi interesante: radical e tradicional ó mesmo tempo, e sobre todo, mantendo as texturas (ou engandido novas) do producto orixinal. Non sei, chamoume a atención coma non me chamaba nengún outro cociñeiro (a todo isto, en Galicia e en outros lados hai moita xente que vai por este camiño).

Pasou o tempo.... e este verán deume por ir a visitar o norte de Italia, apenas unha viaxe fugaz. E entón lembrei ... ¿Onde estará o restaurante? Pois resulta que esta en Módena, e coma teño que pasar por Bologna, pois podía pasar.

Agora xa só quedaba ver se daba reservado, tendo en conta que é un restaurante de só 11 mesas non confiaba, pero apunteime na web (para un martes) e tiven sorte e dixeron que sí. Teñen un sistema moi personalizado, logo de darte de alta, chamante por teléfono para confirmar o da asistencia e todo (non sei se tamén coma sistema de verificar que reserva). O rapaz que chama ademáis estache ben aprendido: fala un inglés excelente e un castelán case que mellor co meu. Así quedamos ca confirmación, pero recordanme que 2 días antes da reserva que debo reconfirmar se non perdo a reserva (pareceme correcto).

Bueno, así que finalmente teño a miña oportunidade de ir á Ostería Francescana, que pensei que sería algo moito máis dificil e máis complicado. Unha vez máis descubro que os restaurantes selectos non son inaccesibles.

Ainda que... xusto agora coma podedes seguir nas noticias comenzaron unha serie de terremotos nesa parte de Italia: nun comenzo foi lonxe de Módena, pero este Martes xa foi na mesma cidade, de feito afectoulles no restaurante. Eu continúo ca miña intención e de momento o restaurante segue aberto:

"Thank you for concerning. 
We inform you that we are all well, and that Osteria Francescana has not received heavy damage.
It has been a great fright though.

Because of that, we look forward to seeing you here on Tuesday June the 5th."

Desexademe sorte. E non tanto por min, se non porque a pobre xente de esta parte de Italia non merece que os terremotos vaian a pior. Ogalla paren e podan voltar á súa vida normal.

miércoles, 30 de mayo de 2012

Pizza italiana en Vigo: La Picola Italia

Vaia casualidade, anos querendo probar unha pizza italiana auténtica en Vigo, e de repente, descubro que existen duas pizzerías italianas moi chulas en Vigo. De cando o post anterior, tiven varios comentarios recomendándome La Piccola Italia....

Pizza

Hoxe finalmente tiven ocasión de parar por alí e na miña opinión son exelentes (e do estilo que a min me gustan): a masa está moi ben feita (masa fresca, feita a man, finiña, ben cociñada - ata o borde queda un pouco churruscado, que é indicación de que saben darlle o punto). Tamén gustoume moito o tomate (non é salsa de tomate recocida se non que ainda ten o seu puntiño puoco feito, moi refrescante) e o queixo. E ademáis, a precio moi axustado  (menos de 10€). Combinanto do esto, pareceme xenial.
piza con tomate, tomate y alcaparras

Foccacia

Por certo que terei que voltar algún día a probarlles a foccacia. Ademáis de pizzas o restaurante ofrece varios tipos de foccacias, cousa que ten moito sentido porque o dono é de Liguria (a foccaccia é a fastfood típica de Liguria, da mesma maneira que a Pizza o é en Campania).

Postres e máis

Ademáis de pizzas, foccacias, lasagnas e outras cousas, o restaurante ofrece postres, coma o tradicional tiramisú (artesano) e xelados feitos por eles mesmos (moi bós).

Por poñerlle un pero, que o sitio é moi pequeno e non é espcialmente cómodo para ir comer alí, pero agora que vai comenzar o bó tempo vai ter unha terraza fantástica para poder cenar disfrutando da brisa (que levanten os autobuses que pasan por Martinez Garrido, que tampouco é que teña unhas vistas especiais)

La Piccola Italia (mapa)
Jenaro de la Fuente, 16 
36206 Vigo (PONTEVEDRA)
Teléfono » 986 119 488

sábado, 26 de mayo de 2012

Ir a por curry e sair encantado

Curry Xaponés

Fai unhas semanas dinme conta que levaba moito tempo sen ir a Oh!Sushi, e xa estaba facendo plans, pero onte de repente acelerouse todo: onte era día de curry en Oh!Sushi. Todos os últimos venres de cada més, ó xantar hai un especial de curry xaponés (o curry xaponés é un plato ben curioso, que introduciron os ingleses en Xapón hai 100 anos e que os xaponeses, coma xa fixeran con outras cousas coma o tempura adaptaron e fan dun xeito moi peculiar). Vale, pero coma digo arriba: só ó xantar. Eu achegueime á cena, e xa non había curry. O proximo mes teño que facer o que sexa posible para estar ó mediodía en Oh!Sushi e probar ese curry (Por certo, non sei porque fago publicidade de esto, porque según comenta Andrés hai xa un grupo de apaixoados polo curry que o acaban todo, así que o que menos me interesa é que vaia máis xente a tomar o curry: que ningún dos que lea esto me vaia deixar sen curry o mes que ven, mecachisnodemo!).

Namban

Bueno, pero se ben quedei sen probar o curry, tiven ocasión de probar un par de platos diferentes do menú, que tamén tiña curiosidade de probar:  Por un lado tomei sake namban (salmón en escabeche). Gosto moito dos escabeches, e neste caso, coma os xaponeses usan un vinagre diferente (de arroz) ten un sabor distinto, moito máis suave. Ah, e mirando en Internet un pouco de info descubro que os platos 'namban' indican que son da época (século XVI) no que os xaponeses tiñan comercio con españoles e portugueses, así que ... ¡seguramente foron estes os que lles explicaron coma escabechar! Que curioso, que de voltas da o mundo.

sake namban - salmón escabechado

Tempura

E logo tamén tiven ocasión de probar o tempura de peixe... si, porque probablemente a única ocasión que poidamos probar un tempura de verdade é en Oh!Sushi, de feito sirvencho cunha salsa de soia lixeira e 'cebollino': cando probei a salsa e o tempura, lembroume hai 10 anos, cando vistei Xapón. Exactamente igual, autentiquísimo. (Por desgracia, e aquí voume enfadar un mundo, fixose unha desfeita ca tempura, hai mil restuarantes que poñen na carta tempura e fan un rebozado de merda. A ver, imos quedar claro, a tempura non é amarela! Nen se fai con fariña, nen está graxa. Vamos, que deixen de chamar tempura a esas cousas. Quen teña curiosidade de saber coma é a tempura de verdade, que pase por Oh!Sushi. E non vou seguir dandolle voltas ó tema, porque realmente indigname moito cando se desprestixia ou se fan versións noxentas de un plato).

Sushi Saito

E non todo foi comida, coma estaba na barra puden falar con Andres, que é sempre un encanto para falar, e sempre ten cousas moi interesantes que contar. De feito contounos cousas da súa viaxe a Tokio en xaneiro... Unha das historias que máis quixemos que nos contase foi a súa visita a Sushi Saito, o mellor restaurante de sushi do mundo, que é un pouco como o anti restaurante: pequenísimo, con só 7 sillas (evidentemente non é un lugar para citas, xa que o número é impar), no que apenas podes sentar e comer.... E claro, tan pequeno, e ban bó, é casi imposible conseguir reserva... Andrés tivo sorte e logo de pedir moito por favor, tiveron a sorte de asistir, e así nos poder saber coma é, ata fixeron un video:

Leer post sobre Sushi Saito en Kodo.es

Unago e Unagi (anguía)

E tamén foi ocasión de que Andrés nos explicara o tema das anguilas e a cociña xaponesa. En Xapón prefiren con diferencia a anguía de auga salgada (unago) á anguía de río (unagi). O animal é o mesmo, pero claro, en diferentes etapas da súa vida, e o animal, o seu músculo e o seu sabor cambian bastante. De feito tiven ocasión en comparar o sabor da unagi (a que normalmente topamos nos platos dos restaurantes - e esa anguía que se sirve coma caramelizada con sabor doce) e o unago. E se ben non sei claro cal preferir sí podo dicir unha cousa: saben coma se fosen peces distintos. Se aun lle din que son o mesmo peixe, non o cree.
nigiri de unagi

Os bigotes de gamba e a ensalada de atún

Ah, e tamén foi momento de lembrar os famosos 'bigotes de gamba' da lexendaria ensalada de atún de Andrés (un dos seus platos máis populares). Eu non principio nun principio pensamos que eran bigotes de gamba, pero que va, están feitos de pemento (por eso son picantes).

eses fíos vermellos non eran bigotes de gamba se non fios de pemento
Pois nada, coma sempre é unha delicia achegarse por Oh!Sushi (cando alguén ponlle tanto cariño e coidado ás cousas coma fai Andrés, o resultado é excelente)
kodo.es
oh sushi (vigo)

martes, 22 de mayo de 2012

Casa Cielito Lindo (Mexico mismito en Vigo)

Parece ser que Casa Cielito Lindo se ha trasladado al centro de Vigo. El local de Traviesas ya no funciona. Corrijo la dirección en el post.

Tengo un rato de suerte, porque muy cerca de donde vivo (en la Zona de Traviesas) hay un pequeño mini México en Vigo: por un lado está el Pastora 1 (muy recomendable) y desde hace unos meses tenemos la encantadora Casa Cielito Lindo, un sitio que llevo visitando ya unas cuantas veces, me gusta muchísimo y no había tenído la decencia de mencionar.

Casa Cielito Lindo es un restaurante pequeño (de 10 o 12 mesas), muy desenfadado y agradable, con muchos y variados platillos mexicanos (explico que los platillos mexicanos son un poco equivalente a lo que los españoles entenderíamos por tapas o bocadillos, vamos los que conocemos todos, como tacos, enchiladas, quesadillas,...) hechos auténticos como en México. [Vuelvo a insistir en algo, exceptuando las enchiladas, las rajas y algun que otro plato, que lleba picante dentro de si mismo, la comida mexicana se sirve sin picante, el picante se lo añade el comensal, y de hecho sirven 3 salsas diferente: la roja, la verde y la de chipotle]. Además, hay unos cuantos platos especiales que si ya son de cuchillo y tenedor y de plato principal, y los fines de semana siempre preparan algun sopresa o plato especial.

Nota especial son los postres caseros (4 tartas todos los días) que son viciosísimas. Tambien es por supuesto un sitio muy bueno para tomar tequilas, cervezas mexicanas y cócteles.

En mi opinión, ya no es que sólo sea un restaurante mexicano muy bueno (auténtico, como es la comida mexicana de verdad) si no que es un restaurante muy bueno, en general. Muy recomendable para cenas o comidas informales, con comida muy refrescante y ligera.

Vamos a ilustraros con unas cuantas fotos:
Un clásico que me pierde y que pido una de cada 2 veces: los tacos de cochinita pibil con su salsa de cebolla colorada.
Ah, los dueños son originarios de Puebla (si bien tambien han vivido en Monterrey) así que incluyen en el menú un clásico platillo de la cocina poblana:
Chanclas poblanas: Un bocadillo de carne con salsa incorporada
Y por supuesto postre: en este caso la tarta de 3 chocolates. Una cosa que me encanta de sus tartas es que en la base siempre lleva un toquecillo a canela. (Para mi, cualquier cosa dulce con canela, es dos veces buena)
Tarta 3 chocolates

Por ejemplo estos 3 platos que veis arriba: 2 tacos, chanclas, tarta y bebida: 22€ A mi me parece un precio excelente por toda esta comida, toda recién hecha y con verduras y hortalizas en su punto (tomate, cebolla, aguacate, ....).

Cielito Lindo
Rúa Marqués de Valladares, 6,
36201 Vigo, Pontevedra
Teléfono:886 14 20 47

domingo, 20 de mayo de 2012

Umami a go-go!

Vou compartir no blog un artigo sobre unha cadena de hamburgueserías gourmet que hai en Los Angeles: Umami Burger. (A pesar do éxito que teñen, nunca escoitara falar de elas, co comprobo que os foodies que sego son demasiado neoyorquinos, e o certo é que culinariamente o realmente interesante de USA pasa en California, sendo NY tan só unha bisagra con Europa, co que teño que cambiar de foodies e estar máis o tanto da cociña californiana)

A historia comenza cando o futuro fundador de Umami Burguer está tomando unha hamburguesa e decátase de que o sitio esta cheo a reventar:
Somewhere between bites of the dripping cheeseburger, a word comes to mind that afternoon in 2005. It’s one Fleischman has been encountering often, on select food blogs and in books by the pioneering British chef Heston Blumenthal. That word is umami. The Japanese chemist Kikunae Ikeda came up with it in 1908 to describe a flavor that’s at the root of Japanese cooking, present in staples like fermented soy, seaweed, and the funky dried-fish broth dashi. Americans experience umami in different ways. It’s one reason they crave bacon. It’s why Italian grandmothers sneak anchovies into everything, and why something that smells like an old gym sock can taste like heaven. The professional food world has embraced the umami flavor as a unique fifth taste distinct from the sensations of sweet, sour, salt, and bitter.

Velaquí a parte que me interesa do artigo (o tema das hamburguesas tenme completamente canso, non sei a vos): o umami. Do umami xa sabía, falarase moito de elo hai 10 anos ou así, ainda que teño comprobado que non moita xente non sabía que xa é considerado un sabor básico, e nos libros de ciencias actuais xa se ensina que as papilas detectan doce, salgado, ácido, amargo e umami (son 5 sabores, xa non só 4).

O interesante é o comentario de que é o sabor do umami o que fai que a moita xente esté enganchadísima a cousas que teñen tamén outros sabores e cheiros non demasiado agradables coma: a casquería, as anchoas, o bacon (este non cheira mal).... as hamburguesas....

Seguramente hai moitos máis alimentos con moito umami... e case que un pode imaxinar que outros productos poden ter este poder pola adicción que levantan na xente. Vou facer unha lista ó chou:
  • O xamón
  • O churrasco (e a carne de porco en xeral ...)
  • Chourizo e embutidos de porquiño ....
  • ¿O sangue das morcillas?
  • ¿As sardiñas?
  • ....
Imos ver que di de isto a Wikipedia:

Alimentos ricos en umami
Muchos de los alimentos que podemos consumir a diario son ricos en umami. El glutamato presente de manera natural se encuentra en carnes y verduras, mientras que el inosinato proviene principalmente de las carnes y el guanilato de las verduras. Por lo tanto, el sabor umami es una característica en común de alimentos que contienen altos niveles de L-glutamato, IMP y GMP, principalmente pescados, mariscos, carne curada, verduras (por ejemplo, champiñones, tomates, col china, espinaca , etc.) o el té verde, y en productos fermentados y añejados (por ejemplo. quesos, pastas de camarón, salsa de soya, etc.). El primer encuentro de los humanos con el sabor umami es al probar la leche materna. Contiene casi tanto sabor a umami como los caldos. (...) El jamón ibérico sabe también umami.

Taba no certo co do xamón! E no tema das carnes curadas (os embutidos por exemplo). Pasáraseme por alto a cuestión do queixo, que é unha cousa que admitamolo, engancha cousa mala (os meus pais non dan sacado o hábito de comer queixo se ben lle recomendaron que o deixasen), e tamén sae na foto o do tomate: talmente! Á quen lle guste o tomate (coñezo canda menos 6 persoas que non queren comer tomate) adoita a ser un adicto eterno, e sobre todo os enganchados ó ketchup. (Xa hai explicación de porque tanta xente non da vivido sen ketchup, a culpa é do umami!).

Ou podería ser. Nada, comentade coma vedes este tema do umami, e se vos sentides tamén medianamente adictos a esta cuestión.

En canto a adiccións umamistas eu coido que as que teño son:
  • ó queixo curado (se ben consumo moi pouco queixo por cuestións médicas, pero do que máis fago a menos da miña dieta podería ser esto)
  • peixe azul (non sae nesta lista, pero eu coido que ten ese saber das cousas con umami, e se hai algo que me teña medianamente enganchado é este tipo de peixe)
  • tomate (pero non ketchup, non me gusta demasiado, principalmente porque teño pouca querencia por outro sabor básico: o doce)
E pouco máis, do resto non demasiado.

¿E vós?

jueves, 10 de mayo de 2012

Le Gourmet Solitaire: otra cultura culinaria japonesa

Me han hecho un regalo de cumpleaños muy apropiado: se llama Le Gourmet Solitaire (孤独のグルメKodoku no gurumeun manga (de un solo tomo) sobre un hombre de negocios japonés y las diferentes comidas y platos que va teniendo en Japón.


Extraño tema para un Manga, ¿no? Se trata de un pequeño documento sobre la vida cotidiana en Japón (a finales de los años 90, cuando fue publicado) relatado a través de la comida, y a través de un tipo de restauración que describe muy bien la sociedad: la comida de trabajo.

Pero la comida es un tema fundamental pero no único: se describe un poco toda la sociedad, los hábitos, los problemas económicos de la gente diaria (el manga se publicó justo en medio de la crisis japonesa).

Muy interesante tanto por toda la información gastronómica como por todo lo que se descubre de la sociedad japonesa.


La popularidad de este comic fue lo suficientemente grande para dar lugar a una versión en televisión, con imagen real (está en japones, y es incomprensible, pero se puede comprobar el parecido que mantienen del personaje).


Y el regalo es muy apropiado porque yo en muchísimas ocasiones también soy un Gourmet Solitario. No tanto por cuestiones laborales, pero sí que en alguna ocasión reciente he viajado sólo, así que me ha tocado mesa para uno... Pero sobre todo, porque en muchas ocasiones, cuando veo o localizo un restaurante que me llama la atención.... Hago un primer contacto yo sólo (para no fastidiar a los conocidos si la cosa resulta mal, o por no tener que presionar a nadie para ir, porque muchas veces la gente no quiere tomar riesgos). De hecho muchos de los posts que he puesto en Laconada, han surgido de alguna de estas aventuras. 

domingo, 6 de mayo de 2012

Vinos franceses: Beaune du Chateau



Soy tremendamente afortunado. Tengo un cuñado que es una joya. Esta preparando una bodega grandiosa, y cuando llegué a París hace 2 semanas me recibió con la posibilidad de probar un excelente vino blanco borgoñés de Beaune... Un premier Cru! (Es genial el sistema de clasificación de las fincas que estilan en Borgoña: es fácil para el comprador anticipar la calidad del vino sin mucho mareo).

Justo hacía unos cuantos días cuando la cata de Rieslings se comentó el tema de la mineralidad de los blancos de Borgoña, y justo iba a tener la posibilidad de probarlo en persona... O casi, porque este vino es muy suave en cuanto al toque mineral. Muy ácido (sí, en este tipo de vino la acidez es tremendamente positiva), con un sabor muy elegante.

Ah, y con el pequeño truco de ir dejando que se atemperase y se airease en la copa, comenzaban a surgir unos aromas florales. ¡Magia! Es super soprendente como estos vinos son capaces de encerrar tantos sabores diferentes e irlos desplegando a etapas. Es como si en vez de un vino estuvieras disfrutando 4. Una gloria.

Un vino muy bueno, y que aún va a mejorar. Con unos cuantos años más en botella aún irá  desarrollando todas estas características. (Para darle en la cabeza a los que dicen que el vino ya no mejora una vez enbotellado y que el vino blanco no envejece bien).

Y para terminar, que mejor que dejaros con una foto de los viñedos de Borgoña en la parte de Beaune.

132- Savigny - Cabottes
By Huey_Chris


viernes, 4 de mayo de 2012

Arredor do Atellier, Arredor da 'cuisine'

Iste vai ser outro post relacionado co anterior que fixen sobre a tarde que ceei en L'Atellier Saint Germain de Joël Robuchon (mandacarallo co nome largo que acaba tendo o sitio). Quen queira máis detalle, pois que pulse no enlace (a verdade é moi longo pero ten os seus puntos divertidos - e as fotos quedaron un rato de ben). 

A todo isto é curioso que semella que o post interpretouse máis no sentido negativo, ainda que tamén comentei moitas cousas positivas e percíbese que estaba moi satisfeito de moitas cousas de esa cea. Iso si, fun tan categórico e expedito co que non me gustou que pode que pareza que fago unha valoración moi negativa. Pois non, por iso ó final manteño a recomendación (con advertencia). Ou dito de outra maneira conto os pequenos defectos que lle topei a un restaurante que pode ser moi bó.

O curioso é que esa visita deume en pensar en varias cousas estes días. (Vendo o regusto tan duradeiro que deixou esto, casi que vou ter que subirlle algo a puntuación, se tal!), veña vamos a soltar unhas cantas:

O Luxo Accesible?

Unha cousa positiva que lle vexo a este tipo de restaurantes é que democratiza a alta cociña (pagandoa ben, eso sí). Todo foi sinxelo e cómodo: A reserva? Sinxelo e accesible a través dun formulario na web, logo podes xestionar preguntas e pedir cambios, sen nengún problema e moi serviciais en todo momento (ah, e non tanta xentileza non é que ese día non tivesen negocio: o restuarante estaba completo ese mesmo día). A acollida? Certo é que escollín L'Atellier (e non outro restaurante) precisamente por ese toque máis informal, pero admitámolo abertamente, eu ía claramente 12 niveles por baixo no dressing code do resto dos comensais cos meus vaqueiros e a barba sen afeitar. Pero o servicio tratoume coma se fose unha vedette, cas mesmas atencións e dilixencia ca calqueira outro. (O da peor mesa do restaurante foi cousa miña, por ter chegado 20 minutos tarde: todo o resto do restaurante estaba completo. E ainda así non me puxeron problema pola miña impuntualidade, algo de outra maneira non demasiado admisible na restauración Parisina). En canto ó servicio? Non só é que fosen dilixentes, atentos, se non que tamén foron cordiais, explicando e dando consellos, facendo a un sentirse moi ben a gusto e disfrutar a tope do evento. 

Estaba pensando en comparacion en restaurantes de estes nos que só admiten reserva telefónica (e durante un par de horas ó día) e a isto, hai que chamar con meses de antelación. Ou estoutros que non admiten reservas e hai que lucir o tipo na porta. Non me interesan nadiña este tipo de sitios. Entendo perfectamente as limitacións de espacio, o exceso de demanda, pero non concibo porque hai que facer o proceso de reserva complicato e retorcido. A exclusividade pon toliña á xente? Evidentemente que sí, o mundo está cheo de idiotas. Aquí en Laconada nunca estamos en contra da exclusividade: aquí o que se recomenda é precisamente porque é accesible. E cando por algunha razón falamos dun menú esporádico, eu sempre me preocupo por saber que platos poden degustarse de maneira normal: se ledes os posts podedes comprobar que esta puntualización deixamola clara. Aquí non é relatar un que ben comín, se non un se queres ti tamén podes comer isto.

Mentras preparaba o post anterior sobre o menú (xa que o menú que me ofreceran era diferente co que tiñan na páxina) descubrín (algo non demasiado sorprendente) que nas diferentes sucursales de Jöel Robuchon repiten os platos. Xa postos a democratizar, pois mira, tamén fan a globalización. (Iso sí, cociña anti-kilómetro 0).

Sobre este outro punto, nunca estiven eu moi convencido do dos chefs con sucursais. Sigo pensando que é incomparable o toque persoal do cociñeiro que leva o seu restaurante directamente, que fai menús asociados ó seu entorno.... Pero estou pensando que por moito que non me convenza moito esta despersonalización da cociña, estou pensando que tamén me parece mal o choio da inaccesibilidade de determinados restaurantes super exclusivos e imposibles de visitar. Así que admito de mellor maneira este tipo de cadeas de restauración.

Listmanía!

Que coincidencia, porque o luns mesmo saiu a famosa lista de nonseiquerevista, un par de augas minerais, un champange, unha cervexa (moi chunga) italiana, unha marca de chocolate belga para a restauración e non sei que máis: o famoso Top 50 de Restaurantes do Mundo.

Vaiamos ó tema: Eu entendo ben a utilidade das guías de restaurantes e o de tentar categorizar o servicio do sitio (sea de 1 a 5, contando estrelas, soles, lúas, asteroides ou coma sexa). Non fai falla que os restaurantes sexan comparables: non necesito saber se un é mellor ca o outro, entendo que a categoría o que indica é que ten uns determinado nivel. De feito nen importa de que nivel sexa, xa chega con saber que foi evaluado e estivo ben. 

Pero ¿poñer orde a toda unha lista de restaurantes? Vaia idea máis bizarra e fantasiosa. En realidade o problema da lista é coma a xente (os interesados e os non interesados) a interpreta. Os propios promotores da lista indican claramente: 
"The results are a simple computation of votes. Given that this well-constructed list is based on personal experiences it can never be definitive, but we believe it is a honourable survey of current tastes and a credible indicator of the best places to eat around the globe."
Pois mira, resulta que na lista de este ano o restaurante no que fun cear ascende a un moi decente posto 12:
Que paradóxico que eu que non teña nengún aprecio por esta lista fose ter rematado nun tan ben situado en ela (ata estou sorprendido porque esté tan adiante). Bueno, segundo comentan os da lista: 
"marries top-end cuisine with a less stiff dining style that is professional, yet interactive and fun – no mean feat given the opulence of some of the capital's top Michelin-starred establishments and diners' expectations"
Hum, coma comentei no anterior párrafo, suscribo o de "less stiff", "interactive" e "fun". Pero o do "diners' expectations" xa sabedes que no meu caso, non tal.

De todas formas eu non tivera en conta demasiado clasificacións ou puntuacións. Eu so quería un restaurante en París, que fose informal, permitise menú degustación para un só cuberto e ademáis tiña a referencia positiva dun blogueiro que lle teño moito creto. Con esas 4 cousas, e sobre todo a última valoración escollín L'Atellier. 

Nada de Chauvinismo: Joel Loves Jamón Pata Negra!

Veña, e para rematar un pouco de diversión e cachondeo. Veña algo máis anecdótico. Joël Robuchon coma bo gabacho é ten moita fierté do hexágono: cociña fundamentalmente francesa (das diversas rexións francesas), carta de viños maioritariamente francesa....

Pero na cociña en lugar central.... un xamón ibérico:


E non está de adorno. Os camareiros fanlle moita promoción ó plato, e é unha das opcións que máis recomendan, explicando ós americanos toda a historia da súa orixe e os segredos do seu sabor. O certo é que o xamón, que comezou a tarde enteiro non parou a estar sendo cortado. Era divertido ver ó rapazolo que lle tocara (na cociña do restaurante son todos rapaces novos co pelo curtiño) afanándose a darlle os cortes, cousa que lle era un pouco fastidiada porque coma o xamón esta posto para que se vexa ben e encaixonado con cousas de adorno non tiña moito movemento.

Vese claramente que Joël Robuchón é un alucinado do xamón ibérico. O único que o acompaña cunhas tostadas con tomate  que non me parecen moi axeitadas: Joël non pillou o do tomate restregado e bota por riba unha chea de algo que parece tomate triturado (debeu de tomar as tostadas na cafetería dun hotel e pensou que o xeito era ese). Iso sí, o xamón tiña pinta de ser un excelente xamón ibérico (polo que vin no plato dos do lado, que eu tomei outras cousas). 

Vamos, que non é mal embaixador para o xamón español (a pesar do das tostadas).