miércoles, 21 de agosto de 2013

Bananas e debuxos

Algúns dos Laconeiros gustamos ademáis da comida a ilustración. E se son ilustracións de comida, ainda mellor. Enlazamos aquí unha web dunha rapaza americana que escrebe sobre cociña e comida, pero que ten de especial que ilustra os seus posts con imáxenes moi xeitosas. (En inglés todo, pero bueno, con imaxes as cousas entendense ben, ademáis non son choios longos e complexos)

I think you're sauceome. - Yes, we have no bananas!


Aproveito o tema para falar un pouco do tema da banana. A maior parte das bananas que tomamos son todas da variedade Cavendish (nota, o plátano de Canarias tamén é Cavendish, ainda que teñan apariencia diferente: mesma variedade, diferente forma e no canto ó sabor, a diferencia debe ser que as de Canarias chegan máis maduras ás tendas).

Non todas as variedades de banana saben exactamente igual. Antigamente (isto é a comezos do século pasado) a variedade habitual era a Gros Michel. Sabía lixeiramente diferente á que tomamos agora. Por iso, cando unha enfermidade rematou ca Gros Michel, aquel sabor desapareceu.

Hoxendía o Cavendish está a ter problemas parecidos, e unha peste nas prantas fai que haxa o risco de que desapareza (non sei se afecta ás plantacións de Canarias, polo que se cadra ahí quedan os Cavendish). Os máis pesimistas din que o Cavendish desaparecerá en 5/10 anos.

As novas variedades de banana resistentes á peste xa non saben igual. ¿Outro sabor que se vai perder? ¿Teremoslle que contar ós nosos netos que as bananas de antes xa non saben coma agora?

(Nota, esto que pasa ca planta das bananas é máis ou menos semellante ó que pasa cas patacas, que coma as pacatas se reproducen de maneira asexual - porque o que se garda para o ano seguinte non é a semente se non o tubérculo. Por iso mismo as patacas son tamén moi sensibles a determinadas enfermidades, ainda que de momento non se produxo unha apocalipse deste nivel, non sendo a que lles pasou en Irlanda no século XIX)

miércoles, 14 de agosto de 2013

Pinchos en Vigo: os sospeitosos non habituales

Un par de recomenacións de bares que poñen pinchos xeitosos cando  vas a tomar un viño o unha caña. Pero vaise sair un pouco do habitual, porque tratase de bares que non están en lugares coñecidos, nen son sofisticados. De feito probablemente os que leades esto nunca iredes por este sitio. Pero para que vexades que hai, e para que vos plantexedes que hai que mirar máis alá do típico.

Por exemplo, a rúa Rocío non é un lugar de visita habitual. Apenas podería ser un lugar de paso en coche, e para iso só para os meus veciños que coñecen a súa existencia. Pois alí, hai unha pequena xoia: Bar Rocío.

Sempre que teño ido por alí teñen posto un pinchiño sinxelo, pero todo calidade. Unhas sardiñas escabechadas, un guisiño de carne ou coma nesta última vez, unha empanada de xoubas. Empanada de xoubas de qualité. Das máis xeitosas, e de gratis.


O bar comentado anteriormente, está nun sitio un pouco rebuscado, pero en realidade é un sitio amplio e moderno, moi xeitoso, pero A Bodega é moi pequeno, e incómodo. É diminuto, e se vai bó tempo ten mesas no exterior, e se vai mal tempo non hai apenas sitio para estar de pé. Está no centro comercial, entre tendas, e nunha praza interior.

Pero non importa o aspecto do bar, hai que darlle mérito que continuamente esforza en ter sempre pinchiños quentes. Ten sempre dous ou tres, así que podes escoller. Entre os clásicos de culler coma uns callos ou fabada, ata, coma no caso da foto, un arroz con bacallau:


Coma resumo, o bar de barrio, que normalmente traballa para os viciños ou os habituales adoita a ser un lugar excelente para disfrutar pinchos. Exemplos coma estes haberá máis. Apuntade os sitios, e se quedades decepcionados de Bouzas, subide unhas ruelas. (Tradicionalmente eu teño falado moi ben de Bouzas coma soa de chiquiteo e pinchos, pero estou levando a desagradable sorpresa que está desmellorando moito, pero moito. Unha cousa moi triste o que está a pasar en Bouzas.)

lunes, 12 de agosto de 2013

Podese encargar empanada de millo en Vigo?

O outro día preguntoume un coñecido se sabía de algún sitio de Vigo onde fixesen empanada de millo. Seica non é un tema do que haxa información en Internet, así que veña fago un mini post.

Por exemplo, en Panadería Mantelas.

Veña, o exemplo que eu coñezo é a Panadería Mantelas, que ten o forno pegado á avenida de Madrid, e tamén teñen tenda en Coia. 

O outro día pilleille unha empanada de millo con xoubiñas dentro e estaba bóa (tamén a tiñan de zamburiñas). 


Datos de contacto dos de Mantelas:

Panadería Mantelas http://www.panaderiamantelas.es

Forno e tenda:
Calle de Mantelas, 64
36204 VIGO (Pontevedra)
Email: info@panaderiamantelas.es
Teléfono: 986 414 826

Tenda en Coia:
Centro Comercial 4,
Avenida de Castelao, 79
36209 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 29 23 99

Nota: Non teño nenguna relación ca panadería esta aparte de ser de cando en cando cliente seu. Este post é máis que nada informativo. Por certo, se queredes suxerir outras tendas e panaderías, pois nada, deixade aviso e imos ampliando a lista.

martes, 2 de julio de 2013

Tapas&Blogs vai de pementos e tomates


En Galicia hai algo máis ca un tipo de pemento. Ademáis dos que veñen de Almería e dos de sabe deus onde, están tamén os Pementos do Couto. Teñen unha certa semellanza cos outros, pero son un chisco diferentes. Para comenzar, neste caso non son dos que "uns pican e outros non", os pementos do Couto non pican.

Foto xentileza da IXP Pemento do Couto


Para coñecer estas historias, e para extender un pouco máis por Galicia a fama de estes pementos, vai ter lugar un Tapas & Blogs.

Tapas&Blogs en Cooperativa O Val (Narón). IXP Pemento do Couto.


(Se andades a blogs e tedes interés podedes preguntar para asistir tamén. E sobre todo hai que agradecer á xentileza da Cooperativa O Val, que permitirán a visita e van ensinar coma cultivan estes productos)

Ah, e porque no título digo tomates, porque aparte do Pemento do Couto, na cooperativa tamén están traballando para recuperar unha variedade galega de tomate: o Tomate Negro de Santiago.

Tanto os pementos que son xa coñecidos coma o tomate, que é unha cousa máis nova, van ser as estrelas este sábado.

jueves, 20 de junio de 2013

A cociña das abóas

Isto vai de abóas e os seus platos favoritos. Trátase dunha serie do fotógrafo italiano Gabrieli Garimberti. A idea é sinxela: unha abóa, un prato, nun país diferente.



A miña favorita é esta mexicana, ten un sorriso encantador. En canto ó plato, non é nada complicado: uns sinxelos tamales.

martes, 18 de junio de 2013

A emoción dos viños 2013

Por segundo ano repetimos (repetiu o que esto escribe) visita á Emoción dos Viños. E por segundo ano,   a Emoción dos Viños ten un pacto especial co ceo, porque parou o mal tempo e fixo un día iluminado e soleado en Tui. Sinto non ter dado información previa do evento: pensei que estando anunciado en blogs moito máis visitados, xa non facía falta ... espero que non me vaiades dicir que non sabíades que había Emoción dos Viños 2013...

A miña visita foi moi, moi breve. Estiven apenas hora e media (non podía quedar máis). Pola mañá vin moito ambiente e moito visitante (e moito entusiasmo), así que deduzco que pola tarde houbo moita máis xente é que foi todo un éxito.

Unhas cantas fotos para poñer en situación (levei a cámara e tiña pensado sacar canda menos fotos de todos os viños que probei, pero ó fin, adiquei máis tempo a falar cos bodegueiros e enólogos ca a sacar fotos, cousa que non lamento nada):




Coma dixen, non puiden quedar moito tempo, así que foi unha visita moi fugaz: 3 bodegas e uns 6 viños.

Comenzamos con Lagar da Costa, dos que tiña moito interés, aparte de probar os seus moi prestixiosos brancos (destaco especialmente o Maio: cepas moi vellas, crianza pero non madeira, 2009 ☞  un viño elegante e xa con certa complexidade), o que quería era probar un experimento que están facendo: Viva  La Vida, un tinto de Espadeiro, que ainda non se comercializa. Ainda non se pode dicir moito, porque é un experimento, e se non estou errado o que probei ainda estaba recén sacado da barrica, pero hai que admitir que promete moito, vai ser un viño moi orixinal. A ver coma o van evolucionando os da bodega.

Coma ía xustísimo de tempo non podía parar en moitas adegas, pero cando pasei por diante da mesa na que había o Couto Mixto, tiven que parar, tiña moita curiosidade. Fai uns anos púxose de moda falar de viños de garage (que supoño que sería unha moda traida de Francia), que era facer viños de pagos moi pequenos e en cantidades ridículas. Bueno, pois que recuen todos estes modernos, que isto sí que é unha bodega cativa:

Total transparencia, podedes ver fotos da bodega e o material e as viñas e as terras.

O Couto Mixto (tinto, seica fai outros viños) é un viño inusual para o que se estila nestes días: non é monovarietal e é bastante acoholico (14.5º). Un viño intenso e con moito caracter. Coma comentei eu co propio Xico, a min lembrabame moito ó viño antigo á tradición de hai anos que se perdeu, Xico comentou que a súa intención era parecida, a de recuperar os viños fortes que se facían cando se adicaban ás viñas a terras máis altas, que estaban moito máis soleadas cas do val que foron plantadas máis tarde.

E para rematar a miña visitiña, outro dos 'outsiders' do viño galego: Roberto Regal, que é enólogo (para outros) e bodegueiro (para sí). Coma bodegueiro produce viños na parte de Ribeira Sacra, pero non na parte do Sil, que todo o mundo coñece, se non na parte do Miño, en Saviñao.


Roberto Regal fai con uva mencía varios viños, todos mencías e todos moi orixinais: Toalde, Ora et Labora, Preanes. Estes viños teñen todos unha característica: son viños asociados todos a un lugar ou grupo de fincas particular (esta cousa dos franceses do Terroir). No video de enriba está moi ben explicado con fotos (meten medo algunha de estas fincas, a que sí). Facendo unha cata salteada de cada un de eles, daste conta da importancia que ten a terra, o sol, e a situación: todos son da mesma uva, e todos son bastante diferentes.

Pero eu vou destacar sobre todo o Diego de Lemos, que é cousa da abóa de Roberto. Un viño excelente, moi evocador, elegante. (E que non vos tire atrás a etiqueta, que parece moi de andar por casa: é un viño moderno algo a mercar e gardar).

Coma podedes ver, moi interesante. Coma xa dixen o ano pasado, é unha ocasión de probar viños diferente, inusuais, que non hai ocasión de topar nas tendas (e en ocasión nen sequeira nos supermercados, moitos de estes viños teñen tal demanda no estranxeiro que voan todos).

Pero sobre todo o máis interesante é poder falar cos seus creadores: bodegueiros e enólogos. Porque son viños moi persoais, son grandes viños porque os seus autores son uns persoeiros ben interesantes.

domingo, 9 de junio de 2013

Máis Francesinhas: Requinte en Matosinhos

Como sabedes, hai 2 semanas estivemos en Porto. Extrañaríavos moito que Laconada estivese en Porto e non probase, ainda que sexa unha sóa vez francesinha.

Pois sí, probamos francesinha, neste caso en Matosinhos, nun lugar chamado Café Requinte. Xa tiña escoitado falar do sitio de outras veces, pero coma nunca coincidira de pasar por Matosinhos ... desta vez xa está visitada e probada:




A francesinha do Requinte é bastante peculiar:

  • O máis obvio é que a forma non é a habitual: en vez de estar feita con pan de molde cuadrado está feito co pan este que ten forma dun cadrado e un semicirculo
  • É máis grande ca de outros sitios (o prezo é bastante parecido), ven sendo coma un 150% do tamaño dunha normal
  • No interior non se lle ve a linguiça ou o frankfurt. (Si que ten linguiça, pero fan algo curioso, sacana da tripa e fan con ela unha lámina fina)
Valoración:
  • Patacas moi bóas
  • Salsa excelente (sabe moito a tomate e non é moi graxa)
  • Compango, bó, pero non dos millores



domingo, 2 de junio de 2013

Lateando en Portugal

Estiven vendo que en Portugal está poñéndose moi de moda a opción de petisco de sardiñas en lata. Ca peculiaridade que a lata abrea o consumidor (e porque non?). Onte mesmo estivemos en Porto e tomamos uns cantos tipos de sardiñas:




O sitio?

Un lugar moi bucólico, pero que non é demasiado interesante para comer. Pero coma cando un vai de viaxe non só vai a comer, se non tamén a mirar, a descansar e a levar a casa unha experiencia diferente:

Casa de Chá de Serralves
+351 226 156 500
Rua de Dom João de Castro 210 
(Boavista)
Porto

jueves, 30 de mayo de 2013

Brico-gastrnomía: Francesinhas en casa (primer intento)

Nunca sabemos muy bien como nos convertimos en "referencia" sobre esto de las Francesinhas. Cuando la gente busca en Google la palabreja, normalmente acaban encontrando nuestro primer post sobre Francesinhas. Es divertido, pensarlo, pero cuando hicimos aquel viaje a Porto en el 2007 nunca nos hubieramos imaginado en que iba a acabar todo esto.

Nos retrotraemos al 2007, porque ya en nuestro primer viaje a Porto, porque aquella vez ya nos volvimos con la receta del molho de Francesinha escrita en una servilleta. Documento que actualmente tenemos medio perdido (pero que si encontramos compartiremos en el blog). La intención era hacer Francesinhas en casa. Ya desde la primera vez.

Han pasado muchos años, pero finalmente nos decidimos a intentar hacer nuestras primeras Francesinhas, y cumplir aquel primer proyecto. 

Nos pusimos a ello, intentando hacer una versión de la receta facilmente preparable en España: cambiando ingredientes que no son fáciles de conseguir en España. Es nuestra primera versión así que hemos tenido defectos, pero hemos aprendido de los errores así que la próxima vez nos saldrá mejor. (Puristas de la Francesinha, pasad por alto alguno de nuestros errores)

Preparación del Molho:

Como hemos comentado antes, nuestra receta original de 'molho' (la escrita en una servilleta de cafetería por unos portugueses que conocimos) está perdida.  Teníamos una segunda versión, que habíamos sacado de un dibujo en la pared de una cocina (si, la receta estaba escrita en gran tamaño en la pared de una cocina). Y tambien es fácil encontrar en Internet la receta del Molho: Molho de francesinha. Nosotros la combinamos con esta otra: Molho de Francesina:

Cuando buscas por Internet descubres que hay infinito número de versiones de la receta. Casi todos tienen una base común (cerveza, leche, mantequilla, tomate, alcohol) pero siempre hay algún elemento diferente entre unas y otras. Esta es la receta por la que fuimos:
  • 33 cl cerveza rubia (Mahou, que estamos en Madrid)
  • 33 cl cerveza negra (Mahou, que estamos en Madrid)
  • 1/2 vaso de leche leche
  • 1 vaso de tomate triturado
  • una cucharada sopera de cayena molida
  • un buen chorrito salsa worcestershire (Lea & Perrins)
  • una cucharada de mostaza
  • caldo de carne 
  • laurel
 Ingredientes del molho:


Empezamos mezclando la cerveza rubia y la negra y poniendo todo a calentar a fuego lento (como se puede ver, en este comienzo suelta espuma cosa mala):


Luego añadimos el caldo de carne y el tomate triturado:


La leche, y  cayena bien picante y bien picada (a falta de piri-piri, son parecidos):


Como podeis ver, tiene mucha espuma, sin problema, a fuego lento, se va haciendo y espesando.

Ahora llega el momento especial y la sopresa mágica - y tal vez la razón por la que se usa Salsa Worcester. Cuando añadimos la Lea & Perrins (un par de cucharaditas de café), como por arte de magia, la espuma desapareció y la salsa quedó así:


Ahora es el momento en que añadimos tambien una cucharada colmada de mostaza. Pero ... no recomendamos esto. La salsa tenía buen sabor hasta este punto. Fue añadirle la mostaza y se agrió. Nuestro consejo, evitar la mostaza (de hecho, la mayoría de las recetas no incluyen este ingrediente). 


Preparación de la Francesinha:

A falta de linguiça, recurrimos a lo que pensamos que es más parecido en España: chistorra.
Compramos unos escalopines de ternera, los que mejor aspecto y más tiernos parecían, y los salteamos en la sartén (los dejamos dorar un poquitín de más, porque nos gusta así con el sabor churruscado)
Como no puede ser menos, somos de los de la opinión que la francesinha sabe mejor con unas patatas fritas. Así que preparamos tambien unas cuantas raciones de patatas fritas caseras.



Montándolo todo


  • Tostamos el pan de molde 
  • Vamos encendiendo el horno con el grill activado
  • Vamos poniendo los ingredientes:

escalopines

chistorra

jamón cocido

salchichas

las cubrimos con queso

  • Al horno, con el grill a tope:


Así salen 
Tal vez debimos poner dos lonchas de queso de cada o dejarlo menos tiempo en el horno, porque se nos derritió de más. (Más notas al final)


  • A decorar con patatas:





Resultado final:





Consideraciones finales:

A pesar de que el resultado final tiene buena apariencia, nos decepcionó un poco el resultado. Había dos problemas: 
  • la salsa no estaba muy buena, y creemos que la culpa fue de la mostaza: la próxima vez sin mostaza
  • el queso y el pan estaban bien, pero el interior de la francesinha nos quedó frío y si el interior está frío, como que pierde un poco (el calor del horno gratinando calienta el exterior y el queso, pero no calienta el interior): la próxima vez intentaremos, bien preparar los ingredientes más rápido para que estén aun calientes, o tal vez meter el preparado en el horno antes de ponerle la loncha de arriba y el queso, así aprovechamos el calor del horno para calentar lo de dentro

Ya nos contareis si alguno de vosotros se anima y que tal quedó el resultado.  Sentimos no poder dar más información que lo que hemos puesto aquí. No somos expertos. Esta fueron nuestras primersa Francesinhas. Ya contaremos que tal salen las siguientes.

martes, 28 de mayo de 2013

Na estrada (pero non en A Estrada): Restaurante Buján Carbia en Cuntis

Hai unha maxia especial nas estradas secundarias (que é coma se chaman hoxendía ás Nacionales, cando antes eran as principales, pero xa todo o mundo viaxa de Autopista e Autovía). Por exemplo, podes topar algún dos restuarantes máis xeitosos que hai á beira da estrada.

Eu teño pasado moitas veces por Arcos, en Cuntis, ben sexa porque vou cara A Estrada, ben sexa porque vou a Santiago (cando vou a Santiago de Compostela por gusto ou de turismo, non teño prisa así que vou pola nacional, e gostame moito coller este camiño e pasar por Bea). E teño parado unhas cantas veces no Bujan Carbia a tomar un café ou comprar tabaco.



Todas as veces que parei miraba para a carta de precios e o aspecto do restaurante, e dicíame "aquí tense que comer ben". Onte pasei e topeime alí parados coma 6 camións. Entre a miña intuición inicial e a coincidendia de tanto camioneiro tiña que ser bó.

Parei e tomei un menú do día. Quedei moi contento. O comezo foi espectacular, merece a pena voltar só por elo: empanada de berberechos en pan de millo. Esa empanada que todo o mundo mitifica e desexa tomar. Pois aquí temola. (Nota, esta empanada é diferente que a que moitas veces sirvese en lugares típicos da cosa, ten a masa moita máis feita, non é unha cousa sen moito amasado: a min lembrame a da miña abóa, que facía deste xeito.... +100). Logo arroz con luras (arroz moi feito, para os puristas do arroz) e de postre un flan de ovo da casa (con esde detalle que boto de menos nos flans industriais: aroma da pel dun limón, hummm).


Todo este menú, auga, pan e café: 8€. Moi bó menú, moi bó prezo, moi bó trato. Recomendabilisimo.

Tamén ofreceronme aparte do menú do día, marisco. Co que ten toda a pinta que é un de estes restaurantes discretos e insospeitados que forece unhas mariscadas de medo a xente que sabe do sitio (amantes do marisco, informense de este punto).

Bujan Carbia  (http://11870.com/pro/bujan-carbia)
+34 986 54 81 00
Estrada Nacional 640 - Anllada
36677 Cuntis,
Pontevedra, España