domingo, 24 de mayo de 2020

Biryani de polo estilo Hyderabad.



Outra vez máis unha combinación dos ingredientes que había en casa: arroz basmati e polo. Inicialmente ía facer un curry, pero logo pensei que era unha perda usar o basmati só para o curry e fixen o biryani.
Pois sí, porque o Biryani é algo un tanto diferente a arroz con polo. E un plato de arroz feito no forno (na versión máis ortodoxa) ou cociñado a lume lento nunha ola axeitada (na versión máis cómoda). Cando estiven en Pakistan tiven ocasión de probar varios biryani moi interesantes, e en parte quería tentar reproducir aquela lembranza. ¿E que tal quedou? Pois ... non quedei entusiasmado ó 100%. A carne quedou demasiado feita, e o arroz unha parte moi feita e outra si ben no punto. Ainda que lembro que unha parte do arroz debe quedar moi feito e outro no punto (suponse que a gracia do plato é que hai arroz en 3 estados de cocción o mesmo tempo, e que o comes mezclando capas). O máis interesante foi que o sabor e aroma quedou coma lembraba. O cal se me fixo un tanto sorprendente, porque a cantidade de especias (e limón e cilantro) que se mezclan neste plato é tal, que non se sabe que pode sair.


 Receita que mirei:

viernes, 22 de mayo de 2020

Guisantes de la huerta



El plato quedó mal. La idea era buena: aprovechar que tenía unos guisantes fesquitos de casa para hacerlos muy poquito con un poco de panceta (por lo del tradicional guisantes con jamón de los menús del día) y acompañados con un huevo escalfado con un toque de salsa de chipotle (chipotle y yema de huevo es una combinación divina).
Pero como veis, el huevo se me hizo de más. Y apenas fueron unos segundos mientras intentaba decidir como sacar el huevo del agua. Pues ese nada y ya se solidificó todo.
No estuvo terrible, pero habrá que esperar a otra tandada de guisantes para intentar hacerlo mejor. (A lo mejor para la proxima me planteo hacer los huevos escalfados metidos en plastico como la mitad de Youtube asegura que quedan perfectos).










martes, 7 de abril de 2020

Comida de Reclusión: quesadillas de papa con chourizo

A ver amigos ... cando queredes facer comida mexicana na casa se cadra pecades un pouco de ambiciosos: queredes facer tacos ó pastor, carnitas, enchiladas (bueno, as enchiladas son máis ou menos fáciles), mole.... Algúns de estes platos mexicanos son complicados e outros requiren ingredientes non fáciles de topar.



Pero hai un plato moi típico de Ciudad de México (e outros sitios) que é moi fácil de preparar, porque os ingredientes tamén os hai aquí: as quesadillas de papa (pataca) con longaniza (chourizo). Non ten demasiada historia facelas en España:


A ver, un par de consellos para darlle máis autenticidade:
  • O chourizo mexicano esta moi pouco curado. Así que se queredes conseguir a textura adecuada, o mellor sería que mercarades chourizos de esos para asar ou freir, que veñen crús. 
  • O chourizo mexicano adoita a ser máis picane ca o noso así que cando preparedes as patacas podedes meter na tixola un pouco de guindilla, un pouco de cayena ou pementón picante. 


A historia é así de sinxela. Preparas este guiso. Deixalo nun lado e logo cando queres facer as túas quesadillas pois:
  • Colles unha tixola ou plancha e metela a lume forme (espera a que esté quente, moi quente) 
  • Pos a tortilla por un lado, e deixala uns segundos. 
  • Daslle a volta, meteslle a tua mezcla de pataca con chourizos 
  • Podes poñer queixo na quesadilla ou non (o queixo é opcional nas quesadillas en Ciudad de México) 
  • Doblala (ademáis de quesadillas o outro nome que teñen é dobladilla) e deixala facer un rato ata que a tortilla se poña crocante
  • Daslle a volta e deixala outro tanto
  • Sacalas e apartalas (as quesadillas quedarán ca forma doblada)
  • Cando as vaias a comer, se gostas do picante podes abrir a quesadilla e poñer salsa. Logo volvela a pechar e a comer nela. 


 A ver agora van un par de notas para os que queirades poñer o voso toque orixinal:

¿Podo poñerlle Valentina (ou calqueira outra salsa de botella)?

Valentina muy salsa
NON. Non deberías. A ver, os mexicanos poñenlle a Valentina a todo: pombiñas de millo, ás patacas fritas, á fruta, ó peixe, á pizza, ás hamburguesas, ós bocadillos.... Pero non lla poñen ós tacos nen as quesadillas. Para isto deberías mercar unha salsa mexicana, ben verde, ben vermella das que veñen en latas ou tarros. Se non cun pouco de tomate e chiles podes facer ti unha na casa. Non é dificil. Os tacos e as quesadillas fanse con salsas frescas que levan tomate.

¿Podo usar o queixo de gratinar ou os tranchetes para as quesadillas? 

 Pois a verdade é que non. Os mexicanos non usan ese queixo para as quesadillas. Usan queixo de verdade e non estas cousas procesadas. O que habitualmente usan é o quesillo/queso oaxaca pero non o vas poder conseguir aquí. En calqueira caso, usan queixo de verdade. É moito mellor que uses queixo de barra ou incluso queixo de tetilla. O queixo de tetilla ese moi cremoso da moi bo resultado para isto. Ainda que si que é bo que o cortes en tiras ou fino. Non te preocupes, dentro da tortilla vai pegar moita calor e o queixo vaise derreter igualmente.


 

domingo, 29 de marzo de 2020

Comida de Reclusión: Empanada de millo corvo

Pois aquí continuamos probando a facer cousas na casa. Neste caso atrevinme cun tema que coñecía bastante pero nunca me animara a facer: unha empanada de millo. Si teño axudado á miña aboa a facer pan millo (hai anos), pero nunca o fixera eu. Máis que nada porque tampouco é tan fácil conseguir fariña milla. Pero ...

Hai uns meses topei á venda fariña de millo corvo.  Así que xa non tiña excusa para facer a miña empanada de millo (xa só necesitaba tempo). Por certo, merquei o millo corvo en Cangas, en Supermercados Mario en Hio, por se queredes conseguir (ainda que non sei se teñen todo o ano, ou só por épocas).
Coma podedes ver a fariña de millo corvo, se ven o millo corvo ten o gran moi escuro, case negro. A fariña por contra é dun color entre violeta e gris. Tirando a clariño. Isto é porque ainda que o gran do millo corvo sexa escuro, o interior do gran é de cor clara. Así que cando se moe, combinanse ambas cores e tira para o gris.

Hai moitas receitas de coma facer masa de millo, pero bueno, eu tirei de esta: empanada de millo de Carmucha. De todas formas nen fixen moito caso das cantidades nen nada. Pero sí tomei en conta o tema de que hai que levedar primeiro a fariña de centeo e logo engadir o millo.

Así que as foi. Metín a levedar un cuarto de kilo de fariña de centeo co levedo. Ó día seguinte, pois engadin a fariña milla, e con auga quente comencei a amasar. Como vedes usei unha espátula de pau, porque a masa de millo pega a todo (ás maus ainda máis). Coma vedes, ca auga a fariña miña pasa a ter unha cor ainda máis gris.

Coma dixen a masa milla non é cousa de traballar co rodillo e tal ... se non que fun estendendo nunha bandeixa aceitada:


A empanada ía ser de xoubas/bocareus (coido que eran bocareus) e puxenlle tamén un pouco de cebola e pementos:

E coma se pudo, tapouse ca masa, pero unha vez máis non extendida co rodillo se non un pouco cas máns:

Hala e vai ó forno. 45 minutos a 200ºC. (Outras receitas din que chegaba con media hora, pero na realidade eu vin e ainda lle faltaba, e puxena 15 minutos máis).
Comoa se ve, a masa cambiou de color a máis escura. Ainda que na foto pareza que ten cor castaño, en realidade a cousa era máis ben tirando a cor burdeos.

 A ver, non está super bonita, pero non era a intención. O que importaba era a sabor, e a empanada quedou ben, cocida no punto, con moi bó sabor da xouba.
E nada, así foi. Ah ... ¿e que diferencia ten o millo corvo? Hei ser sinceiro ... non se noita moita diferencia de sabor. Pero ... isto non quere dicir que non mereza a pena compralo. Porque neste caso o interesante é que é millo cultivado en Galicia e un ingrediente que non ides poder conseguir tan facilmente. E o toque de cor que quede na vosa empanada (se a facedes máis bonita ca miña en forma) vai a lucir ben.


domingo, 22 de marzo de 2020

Comida de Reclusión: Moussaka

Esta moussaka xurdiu de que cando cheguei ó super onte (logo de 20 minutos de fila con distancia de seguridade, coma ten que ser) vin que ninguén (e xa era sábado pola tarde) comprara nengunha berenxena. E coma unha bóa maneira de lle deixar comida ós que veñan detrás e mercar o que ninguén merca, cheguei a casa con dúas fermosas berenxenas.





Si, tamén merquei brécol. Pero ainda que virades memes en internet... o certo é que o brécol si se esta a vender (canda menos no meu supermercado) xa voara a metade dos que había.

¿E que carallo fago cas berenxenas? Pois tirei pola tradición de oriente medio que gostan moito do uso da berenxena. Vou facer: moussaka.

Baseime lixeiramente na receita que ten Jamie Oliver no seu Youtube. Pero só quedei cos tempos de cocción e pouco máis porque fixen unha moussaka moi extraña:

  • berenxena cortada en laminas e asada no formo por 20 minutos 
  • tomate e folla de cenoura picada para o recheo 
  • e unha bechamel que fixen con aceite de oliva (porque non teño manteiga e non podo ir mercar) se queredes probar a receita a verdade está ben (eu so lle puxen 30 cl de leite, porque quería que quedase espesa)

             (leva unha chea de parmesano porque vai a gratinarse, e coma leva parmesano, non lle puxen sal á bechamel, porque se non vai quedar moi salgada)


Monto a miñas capas de berenxena, co tomate polo medio e a bechamel porriba. (Non tiña molde máis axeitado... en principio faise nun molde ancho e baixo, e eu só tiña este estreito e alto).





20 minutos no formo co Grill a tope e ca bandexa no medio ... e voilá:

Hala ... bo proveito:




miércoles, 26 de febrero de 2020

Cousa de Cuba: Os bocadillo son "Pan Con …."

Xa falamos dos "panes" en Cuba, cando falei do Pan de Lechón. Pero por suposto que hai moita máis variedade. Bueno, ou non tanta variedade ... pero si que hai uns cantos tipos. Aquí imos a falar de algúns:


Finalmente, coido que o meu bocadillo favorito de Habana (e dos máis baratos) ven sendo o que eles chamaban pan con tortilla. Que é un bocadillo de tortilla francesa (con pepino). Si que é curioso porque en Cuba fan as tortillas francesas coma se fosen filloas.

 En realidade o bocadillo máis popular en Cuba ven sendo o pan con jamón. Pero non me gustou o jamón cocido que teñen. En realidade era algo que parecía máis choped ou algo así.

Coma vedes todos os bocadillos en Cuba van grellados e quedan así esmagados.




domingo, 16 de febrero de 2020

Cousas de Cuba: Pan con Lechón




Unha das cousas máis interesantes que comín en Cuba foi neste posto da rúa, onde vendían Pan con Lechón.  Que era basicamente un leitón asado ó forno, do que iban cortando cachiños (carne e sobre todo pelexo crocante) e facían uns bocadillos.

 ¿Coñecedes o Sande de Leitao portugués? (Pois se non o coñecedes, xa tedes tarefa para a vosa próxima visita a Portugal ... é un dos mellores bocadillos do mundo, tedes que probalo).
Pois este pan con lechón ven sendo a mesma idea. E neste caso esta baratísimo: 5 pesos, que ven sendo coma 20 centimos de Euro.

Interesante bocadillo, con bóa carne (non moi abundante), pero o pan era (coma resultou ser todo o pan en La Habana) bastante malo. Coma xa dixen antes, todo o pan era coma pan de hamburguesa.


viernes, 7 de febrero de 2020

Cousas de Cuba: os favoritos nas rúas


De maneira maioritaria os favoritos a comer na rúa son:
  • Pizza. Non pasas 10 minutos sen ver a un cubano comendo unha pizza ou levando unha na man. Andan super apaixoados co tema da pizza. Pizzas cubanas que son moi peculiares: son pequeniñas (individuais), non teñen moitas máis cousas ca queixo e habitualmente doblan pola metade e comenas así. Son probablemente a pizza máis chusqueira que poidades imaxinar, pero son o hit en Cuba. 
  • Algún tipo de doce ou pastel. Os cubanos gostan moito de doces. É moi habitual velos caminar pola rúa con estas caixas de cartón pequeniñas. Nun principio non sabíamos que era, pero pronto descubrimos que todas as pastelerías (dulcerías) usan a mesma caixa. E os cubanos gostan de mercar un ou dous pasteis e comelos mentres andan (non son para levar a casa, cando levan a casa, collen unha caixa máis grande e máis pasteis). 
  • Panes. Os bocadillos en Cuba son "pan con algo". "Pan con hamburguesa", "Pan con jamón", "Pan con queso",.... Case todos os bocadillos estes teñen un punto en común: o pan é pan circular e blandiño coma o de hamburguesa. E case todos os bocadillos metense nun grill e dancho aplastadiño. 
  • Xelados. Outra das pasións dos cubanos son os xelados. Hai case tantas "cremerías" coma outros tipos de negocios. Curiosamente non é moi habitual ver a xente tomando xeados na rúa: os cubanos prefiren tomar o xelado sentados dentro dun local. 

Hai outros tantos pratos populares:
  • As croquetas. Si!! Os cubanos tamén adoran as croquetas. Hai xente vendendo croquetas e xente papando en elas pola rúa. Tamén fan bocadillos con croquetas.

martes, 4 de febrero de 2020

Cousas de Cuba: Duas moedas, un prezo ou dous?

Bueno, Cuba esta funcionando agora mesmo con 2 monedas diferentes (isto quere dicir 2 tipos de billetes e moedas diferentes). Ambas monedas levan escrito "pesos" (para facelo máis complicada). Pero son diferente moeda e teñen diferente valor.

Por un lado están a "Moneda Nacional" (ou CUP). E por outro lado están o que chaman "divisa" ou CUC. Aparentemente os CUC son para os turistas, namentras que os CUC son para os locales. Por exemplo, nun caixeiro dun banco, un cubano vai e saca Pesos Cubanos. Eu vou detrás del e doulle a sacar e a min saenme CUCs.

Na realidade todo é máis permeable. Nos os turistas podemos pagar con CUCs, pero tamén podemos ir a un sitio como de ahí enriba e mercar algo que ten prezo en CUPs e pagar con CUCs (e voltanche CUPs). O único que sí che piden é que non lles pagues cun billete grande porque eles non terían cambio para tanto (por exemplo un billete de 10 CUCs son 240 CUPs).

Así que se vas mercando cousas pola rúa rematas tendo tanto CUCs coma CUPs, sen problemas.

En realidade o tema do dobre prezo non é tal porque como digo podes mercar tanto en lugares de turistas coma mercar cousas en lugares cubanos. En principio non hai nengún problema legal porque ninguén nos dixo nada.

Onde si que hai diferencia é que hai sitios onde só se pode pagar con CUCs (ou divisas). Nese caso si que é certo que a eses productos non ten acceso un cubano que teña moneda nacional. Pero non hai tal dobre prezo, se non que é un prezo para productos que non se pode pagar na outra moeda.  O que si que é certo é que as cousas que só se venden en CUCs son careiras. E os lugares para turistas son máis caros. Ahí si que é certo que hai dous niveis de prezo.

lunes, 3 de febrero de 2020

Cousas de Cuba: O "cafecito"

Os cubanos prefiren tomar o café moi concentrado (coma un expresso en España e Portugal). O choio é que non teñen moitas cafeteras expresso. Normalmente o que fan e preparar cafés moi concentrados nunha cafetera moka.

Moitos dos lugares da rúa que venden pizzas e panes, teñen tamén un termo e unhas cuncas cativas (ainda máis pequenas cas dos cafés sólos en Galicia). Vas, e pagas un peso cubano (coma 5 centimos de Euro), sirvente o café, tómalo dun grolo con elegancia, e a seguir ás túas cousas. É importante dicir que moitas veces o café expreso cubano xa vai azucarado (si, teñen este hábito de poñerlle azucre xa cando o fan).



Coma resumo, sobre a cultura cafetera cubana, quedade cas 3 cousas: termos, taciñas pequenas e café que xa leva azucre. E xente tomando café a calqueira hora do día.






#coffeeislife in Cuba. Have a little cafecito to start the day. Continue the day. Greet your neighbor. On the street. After dinner. Such is the Cuban way. #alocubano #thisiscuba . . . . . For expertly-curated, immersive, custom itineraries send us an 💌: hola@absolutelycuba.com. Follow us on Facebook (www.facebook.com/absolutelycuba) and remember to tag your pictures with #AbsolutelyCuba for a feature! {All rights and image credits are reserved for Absolutely Cuba™️, unless otherwise noted} .................................................. .................................................. Follow us @absolutelycuba . .................................................. .................................................. . . . . #absolutelycuba #porlacultura #fortheculture #explorecuba #authenticcuba #authentictravel #travelcuba #cuba #cuban #havananights #travelhavana #explorehavana #havana #lahabana #culture #coffee #coffeeculture #cafecito #unlimitedcuba #incuba #travel #travelwithus #immerseyourself
Una publicación compartida de Absolutely Cuba (@absolutelycuba) el

En calqueira caso é importante destacar que os cubanos teñen unha paixón moi grande polo café, ainda que teñan o problema de que o café non é fácil de conseguir en Cuba (ainda que Cuba produce café). A principal diferencia que poderían ter cun italiano ou un portugués e o tema do zucre.