miércoles, 31 de marzo de 2010

Una curiosidad: la miel al gusto francés

¿Qué parece esto?



Podría ser manteca, nata, helado o incluso un bote de carne conservada en grasa. ¿No? Pero resulta que esta cosa blanca y cremosa es miel. Sí, ni lo parece ni se adecua a la definición de miel que encontramos en el DRAE, pero sabe a miel y en el bote viene escrito que procede de abejas así que tiene que serlo. Lo que le pasa a esta miel es que está adecuada al gusto francés.

En Francia se puede encontrar miel líquida (aunque si liquida no suele ser de origen francés) pero lo que más les gusta este tipo de miel más sólida (se lleva mucho lo de tartiner o, dicho en cristiano, untar el pan). En España, generalmente, la miel cristalizada nos supone un problema y acudimos al baño maría sin más. En Francia, en cambio, han sabido apreciar las ventajas de la miel cristalizada: es más fácil de envasar (un bote de papel nos sirve) y más fácil de distribuir (no pringa). Claro que la miel cristalizada suele estar tan dura y apelmazada que estas ventajas no hay manera de disfrutarlas. He aquí donde aparece el aquel de la cocina francesa y la miel cristalizada se convierte en miel cremada.


La miel cremada se consigue triturando la miel cristalizada de manera mecánica o controlando la cristalización como es el caso del bote de la foto, donde se anuncia una cristalización controlada en alta montaña (los Alpes) para lograr una textura sin igual (cosas de la mercadotecnia). El resultado es una miel con textura suave y compacta fácil de untar y de repartir con una cuchara. El sabor cambia un poco, se vuelve más suave, como sucede con la mantequilla o cualquier otro producto batido, pero sigue sabiendo a miel y si la amasas un poco se vuelve más líquida.

Si te la encuentras por ahí, no te asustes ni corras a por agua hirviendo, pruébala que está muy buena (¡y con mantequilla salada aún más!).

jueves, 18 de marzo de 2010

Restaurante Ateneo (Piñor, Ourense)

Estación de Servicio Ateneo, en O Reino, Piñor, Ourense

¿Os vamos a recomendar una estación de servicio? Pues sí, porque se come muy bien. ¿Se puede comer bien en una estación de servicio?

Restaurante Ateneo, en O Reino, Piñor, Ourense

No se debe juzgar la cocina por la apariencia. Dentro de este hotel/restaurante de carretera, hay una cocina muy destacable. Con lo que es una parada muy recomendable en cualquier trayecto que vaya de Santiago a Ourense.

En realidad, puedes ignorar mi consejo. A ellos no les hace falta ninguna promoción ni recomendación: tienen clientela más que de sobra. Así que serás tu el que salga perdiendo.

El Ateneo está en el pueblo de O Reino, en el muncipio de Piñor en Ourense. Justo en la antigua carretera Ourense-Santiago, y muy pegado a la salida de la nueva autovía Ourense-Lalín (A-53). Queda muy conveniente al lado de la salida de Piñor (apenas un par de kilómetros).

Uno de los secretos del Ateneo es el equipo que trabaja: Erundina son más de 50 años en la cocina, y es toda una instinución de la cocina gallega. Y luego ahora tambien está trabajando su hijo Juanma, que aporta un punto de vista diferente, puesto que se ha formado como cocinero en una escuela de hostelería, y ha trabajado en varios prestigiosos restaurantes en España. Un toque tradicional y un toque innovador. El toque innovador de Erundina tambien, no vayais a pensar que no tiene imaginación de sobra.

Otro de los secretos y es que todo lo que se sirve en el Ateneo, es producido por ellos mismos: la carne, las patatas, las verduras, los huevos, el licor café... El pescado no, el pescado lo compran en la lonja. Pero ¿cuantas veces vais a poder tener la oportunidad de tomar comida tan casera?

Vamos a citar unas cuantas razones para parar:
  • El menú del día a 10€. Famoso entre camioneros y viajantes, que no pierden la oportunidad de parar a comer allí. Un menú variado de calidad, y tal como se comentó, de alimentos producidos por ellos mismos.
  • Menú a la carta para un día de estos que te apetece tomar algo especial. Por ejemplo los famosos chipirones del Ateneo. Toda una institución: chipirones a 2 salsas (salpicón y alioli)

  • Parar a tomarte un café y acompañarlo con un cruasán o una galleta. Porque otra de las cosas especiales es que Erundina adora la repostreria. Todo la bollería que sirven está hecha por ella misma (cruasanes, galletas, melindres, cañas, leche frita, el helado). Y todo hecho con huevos de casa, para dar un sabor espectácular. Claro que sí, puedes comprarte melindres para llevar.



¿Parece un poco más convincente? Para ver de lo que son capaces Erundina y Juanma mirad las fotos de los platos que prepararon para un banquete especial de recuperación de platos históricos de la cocina gallega.

Estación Ateneo
N525 - km266
O reino - Piñor
Ourense, 32138
988 40 33 31‎ – 661 240 274‎ (Móvil)
http://gasoleosateneo.es



View Laconada in a larger map

domingo, 14 de marzo de 2010

Un delicioso paseo pola historia da cociña galega

Este sábado se produxo un momento marabilloso. Tivemos a ocasión de probar un pouco da historia da cociña galega. Fai unhas cantas semanas (ainda estades a tempo de o ver en Santiago, e proximamente coido que en Pontevedra) está sendo presentada no Múseo do Pobo Galego a exposición culinaria-cultural histórica Ao Pé do Lar.

Pois o que aconteceu é que nos achegamos a Piñor, en Ourense a probar a versión real dos 6 platos (deixamos forma o Arroz con Bogavante, porque case todo o mundo coñece xa o plato, dado que é tremendamente popular). Todo preparado en equipo por Erundina e o seu fillo Juanma no restaurante Ateneo. (Do que farei unha reseña aparte en outro artigo).

Hoxe o que vai é un relato, louvanza, e reportaxe forográfico da cociña galega:

Vai un: A Costrada ou Timbal


Costrada recen feita lista para ser servida
Comezamos cun dos máis chamativos platos. Un plato que xa só á vista impresiona e faise díficil de comer. Un plato que é ben antigo (se ben, polo seu contido, é obviamente un plato careiro e que se ten comido en poucas ocasión): a costrada.

Costrada ou timbal, porque así é coma a lembra Erundina. Con este plato hai unha pequena e estúpida polémica, que non ten demasiado sentido. Unha panadería de Pondeume fai un plato chamado costrada. Unha receta que ten case máis misterio que a fórmula da CocaCola (a historia da CocaCola é un invento publicitario, por certo). Bueno, ninguén quere sacar nengún merito a Pontedeume e as súa costrada. De feito inicialmente se contactou con eles para que aportasen a súa lexendaria costrada á exposición. Pero puxeronse moi repunantes porque non querían que se soupese a súa formula.

Bueno, a historia ía quedar así, pero houbo unha casualidade. Cando se estiveron facendo as fotos dos outros platos no Ateneo de Piñor, contouselle a historia da costrada. Cando se lle describiu coma era... Erundina respondeu con toda naturalidade: "ese plato llo vin preparar á miña mae, chamabano timbal". Despois de máis de 50 anos, Erundina preparou outra vez un timbal. E moi xenerosamente, aportou a súa receta á exposición. De feito, agora hai varios restaurantes que están ofrecendo as súas recreacións do timbal.

(Agora dirán os de Pontedeume, ¡¡iso non é costrada!! ¡¡é outra cousa!! Bah, ganas de lle dar voltas.)

Vou contar un pequeno segredo, que non espero que lle pareza mal a Erundina. Cas prisas do día e co moito traballo que tiña, esquenceu de poñer o peixe ó primeiro timbal que preparou. Así que tivo que voltar a comenzar de cero a preparar outro. Porque o timbal é un plato ben complexo e completo. E non válido para cuaresma: Ten pescado (neste caso peixe afumado), coma Piñor está no interior, e ben rodeado de zonas troiteiras, o peixe alí sería peixe de río: troita e pode que salmón na época medieval. E tamén ten carne: neste caso cacheira, morro, orella, todo cortado en pequenos dadiños (e cocido ó seu punto por estes cociñeiros tan bós). E logo tamén leva verdura (espinacas no da foto). Todo esto vaise poñendo en capas alternas: peixe, carne, verdura, peixe, carne, verdura, separando cada capa por unha filloa. E todo esto metido nunha costra de masa. Todo esto cociñase ó forno.

¿Coma lle sale o plato a Erundina? Fantástico. A pesar de aparentar ter sabor moi pesado, ten un toque moi sinxelo e sofisticado. As filloas fantásticas: ¿vedes o color que teñen? Ovos da casa. Pero destacaría sobre todo o sabor, o punto de coción e a textura dos pequechiños cachos de morro e orella.
Costrada son: cacheira, morro, orella, separado en filloas de pescados afumados, espinacasa e todo dentro dunha costra de masa

Van dous: papas pegas


Papas Pegas: caldo de verduras, fariña e o toque 'Ateneo' - chourizo, fabas e verduriñas
O plato anterior era evidentemente un plato de fartura, de festas, e de casa rica. As papas pegas é un plato de pobres, un plato de aproveitar e non desperdiciar nada.

¿Que son as papas pegas? Pois cando despois de varios días que quencer e requencer o caldo no pote, chega un momento no que xa apenas queda nada. Só quedan uns dedos no fondo do pote, moi concentrado, renegrido (de tando se quentar e requentar). Pois a esa mezcla, se lle engadía un pouco de auga, e se lle botaba fariña para facer unhas papas. E o de pegas, viña precisamente porque no medio da cor clara das papas aparecían manchas renegridas.

O plato que preparou Juanma é un pouquiño máis sofisticado: non son papas feitas de caldo requentado, se non son papas feitas con caldo recen feitiño. Por eso saben ainda mellor. Ademáis engadiu un toque moi atractivo visualmente: un poquiño de chourizo co seu aceite, unha pouca verduriña, e unhas fabas. Fantástico. De lle poñer un pero, estaba un pouco salgado de máis, máis coma podedes ver na foto, non deixei nada:
Papas pegas: non quedou nada

Van tres: Bertóns recheos


Bertón recheos de carne (tradición, simpleza e fantastica realizacion)
Outro plato máis de cociña sinxela do campo: os bertóns recheos. Bueno, ou mellor dito da sotifisticación que se podía facer na casa: escollíanse os brotes máis ternos da berza ou o repolo (os bertóns), e se cocen recheos de carne.

Neste caso unha vez máis Juanma tivo un restulado moi destacable, conseguindo unha verdura moi tenra e saborosa, e acompañando o plato dunha salsa que lle realzaba o sabor.

Van catro: Capón con ostras


Capón con ostras (e boletus e colmenilla)
Neste caso pasamonos á comida de pazo: algo un pouco máis careiro e sofisticado, e unha de estas combinacións de mar e montaña: capón con ostras. Porque a cociña tradicional era así: ata ben pouco, o marisco non se consideraba que mantivese suficiente. Había que meter carne a todo. E neste caso temos esta combinación curiosa de mar e montaña: capón e ostras.

Aquí Juanma aportou un pequeno toque moi moderno (moderno porque en Galicia tradicionalmente nunca se mirou con moi bo ollo ós fungos) de acompañar a salsa do capón asado con setas: boletus e colmenilla. E xunto a todo esto, candansúa ostra. ¿E o capón? O capón era da casa, excelente.

Van cinco: Tortilla ó ron


Flambeando a tortilla ó ron
Vou a me inventar aquí unha teoría. Pero non vaiades pensar que vou de experto no tema. Xa digo de principio que non está contrastada nen nada. Pero pensadeo, que se cadra ten algo de razón: En Galicia os ovos prefirense con doce máis que con salgado.

De pequeno, lembro que a miña abóa (e máis a miña nai) facían a tortilla francesa e lle engadían azucre. E teñenme contado, que ós ovos fritos se lles engadía. Entre esto, e que os ovos se usaban para facer sobre todo doces: bandullo, biscoitos, pasteis, flan. Coido que o ovo tomábase máis en doce ca en salgado.

Erundina preparou esta tremebunda tortilla. Fixadevos na foto de enriba e comparade a escala ca bandexa e as máns que aparecen. Iso era unha tortilla tremenda. E ten un certo truco e segredo profesional de Erundina: leva máis claras ca ovos. De feito se fixo primeiro ca clara para que collese volume e logo se lle foron engadindo xemas. (Coma podedes ver, e de ovos da casa, casa, pois ben estando escasa de xema, ten un color vivísimo).

Unha vez feita preparouse un fambleado espectacular: ron, vainilla e pel de laranxa. Un toque exótico para un postre contundentísimo:
Tortilla (ben gorda) preparada con flambeado de ron


Resumo e nota final


Despois de tervos enchido o ollo cas fotografías e cas historias pode que teñades interes nestes platos, ou que queirades probalos. A recomendación un é que vos achegedes polo Museo do Pobo Galego a ver a exposición. Alí regalan unhas fichas con cada unha das receitas, para que vos animedes a ver de facelas na casa.

Coincidindo ca exposición tamén hai uns cantos restaurantes de Santiago que ofrecen este platos no seu menú. Inicialmente só ía ser de maneira temporal, pero segundo comentaron os organizadodes da exposición, algúns restaurante decidiron engadir algún destes platos ó seu menú. Así que en principio teredes a oportunidade de os disfrutar sen límite de tempo.

E seguramente, algún estaredes desexando ir por Piñor, e probar estes platos no Ateneo. En principio tedes que esperar a que remate a exposición. Porque Erundina (que é unha persoa das que xa non hai, e ten uns principios firmísimos) non quería facer competencia nengunha ós restaurantes de Santiago, e non quería ofrecer os platos ata que rematase a exposición.

En principio, de todos estes platos, o que sí teño constancia que se vai a ofrecer no Ateneo, vai ser o timbal/costrada. Iso sí, só por encargo, así que podedes organizar un grupo, e a visar que vola preparen. Non sei se hai intención que se ofreza un menú completo coma o que tivemos nós, pero tentarei me informar ó respecto, e poñelo aquí neste post.

Un saudo a todos, e espero que a envexa que me teñades sexa sana.

Recomendación final. Outros artigos na rede sobre Erundina e a súa cociña:
La emperadora de su reino

domingo, 7 de marzo de 2010

Restaurante Minho Verde (Arcos de Valdevez)

Este sábado tiven unha visita fugaz a Arcos de Valdevez, que non tiña sequeira moi claro por onde quedaba (sabía que non debía quedar moi lonxe da fronteira porque aparecía sinalado nos cruces, pero non sabía que quedaba pegado á Baixa Limia). Decidín mirar a ver que recomendaban para cenar alí:

E chamoume a atención esto:
Tendo serviço de snack-bar, justifica atenção devido à cozinha de grande nível que apresenta....

Restaurante Minho Verde, Arcos de Valdevez.

E a verdade estivo moi ben, sinxelo, rápido e ademáis estaba xusto ó lado da Casa das Artes (que é o lugar onde se fan concertos no concello, por eso teñen na parede CD's adicados de todas as bandas portuguesas que coñezo: dende Mau Morta a GNR pasando por Clã).

A segunda cousa é que tiven a casualidade de que fose a xornada gastronómica de exaltación da carne de Cachena da Peneda e do Feijão Tarrestre.

Posta de Cachena da PenedaArroz con Feixón de Tarrena

Por certo que a carne estaba cortada co que chaman en Portugal posta, que me gosta moito. Pois a cena (que foi moi contundente) consitiu en esto e logo de sobremesa, unha torta de capas (amendoa, e xema de ovo).



Cena Lixeiriña. En resumo, todo o de enriba, máis un viño verde tinto, máis un café, máis petiscos, 19€. Un pouco careiro, pero non teño queixa. Ben entendín mal, pero no restaurante non ofrecen medias doses. Así que recomendo ir a pares, porque entón
si que se economiza.


Unha cousa que me chamou a atención é que nos petiscos (que me cobraron no menú, coma fan en Portugal) había un chourizo curioso. Era todo febra. Por momentos non sabía se sería lomo, pero se cadra podería ser lingua de porco. Estando coma está Arcos de Valdevez a uns kilómetros da fronteira. ¿Alguén da Baixa Limia da recoñecido se hai algo parecido do seu lado?





Ver Laconada en un mapa más grande

jueves, 18 de febrero de 2010

Bandullo

Bandullo de Caldas de Reis
Outro doce típico de entroido: o Bandullo. O da foto é o que fan en casa do meu pai, en Caldas de Reis.

Máis información sobre Bandullos (e receitas):
Bandullo de Leite
Bandullo ou Vincha

De paso aproveito para recomendar a visita ó blog Cocino en Casa (onde topei estes dous enlaces).

Co tempo topei un video falando da Vincha de Cerdedo, e non podía menos que incluilo aquí:

Vincha de Cerdedo from turismodepontevedra on Vimeo.

jueves, 4 de febrero de 2010

Ao Pe do Lar

Lareira en Casa Otilia

Aviso a navegantes, larpeiros, interesados na cultura galega e curiosos en xeral. Esta fin de semana se vai a inagurar en Santiago (Museo do Pobo Galego) a exposición: Ao Pé do Lar.

Pareceme unha tarefa interesantísima, na que se fala da relación de Galicia ca cociña, que de sempre foi unha relación co lume: a lareira existe dende época dos castros e ata fai moi ben pouco (e en algún caso aínda o segue a ser) era a técnica favorita para cociñar.

Así que lembrade: dende o 5 de Febreiro ata o 7 de Marzo, a esposición permanecerá aberta.

Costrada: unha receta tradicional galega que ven sendo a mega-empanadaRecreación moderna do plato de costrada no restaurante Maruja Limón

Unha das cousas que a todo o mundo nos ha deixar impresionados vai ser a historia da costrada, que ven sendo a mega-empanada: pescado, carne, pescado, carne. Un plato para xente de moi bó dente.

Unha das cousas máis interesantes de esta exposición é que en paralelo varios restaurantes de Santiago van a ofrecer versións de estes pratos: Pratos con Memoria.

Máis información:
http://www.aopedolar.com/
http://www.forumsantiago.com/

viernes, 29 de enero de 2010

Yayo Daporta para arrancar el 2010

Estas Navidades tuvimos de visita en Galicia la sección parisina de Laconada. ¿Que mejor ocasión que aprovechar para celebrar una cena especial? La elección fue visitar Yayo Daporta en Cambados(ya han pasado muchos años desde mi anterior visita, y ya tardaba un poco).

El restaurante tiene una página web muy completa (Yayo Daporta) en la que se explica la localización, la manera de hacer reservas (tiene muy pocas mesas así que es muy recomendable reservar con antelación) y las diferentes opciones de menú: El menú estrella, el más largo. Un menú degustación de 8 platos. Y tambien ofrece un menú a la carta la opción escoger 2 primeros, segundo y postre.


El menú que tomamos nosotros fue el menú degustación, que es algo diferente al que aparece ahora mismo en la página web así que relato los platos que lo componen:

COCKTAIL DE ALBARIÑO
HUEVO FRITO DE CODORNIZ, PATATA Y CHORIZO
SOPA DE CALDO GALLEGO
ALUBIAS POCHAS CON COCOCHAS DE MERLUZA AL PIL PIL
MEJILLONES EN TEMPURA SOBRE CRUJIENTE DE ARROZ Y ALGAS CON ESPUMA DE SU COCCIÓN
BACALAO CONFITADO A BAJA TEMPERATURA CON CALLOS DE BACALAO
SOLOMILLO DE TERNERA GALLEGA CON SALSA DE FOIE-GRAS Y MILHOJAS DE PATATA Y BACON
INFUSIÓN DE FRUTOS ROJOS CON HELADO DE QUESO FRESCO

Tal como parece, es un menú bastante largo. No estoy yo para consejos, pero a nosotros se nos hizo un poco de más para una cena (bien es cierto que fuimos en mitad de cenas navideñas).

El menú degustación para tres personas, más una botella de vino albariño: CONTAAPAREDE del 2004, dos botellas de agua, un par de cafés vinieron siendo unos 60€ por persona.

¿Y que tal fue la cena?
  • Mis dos platos favoritos fueron los mejillones en tempura (impresionante lo ligero que es el rebozado) y la ternera gallega con las milojas de patata y bacon (me hizo mucha gracia el invento de la patata y el bacon).
  • Destaco por muy sorprendente (sorprendente a nivel personal - no quiero decir que nadie más haga este plato en todo el mundo ni nada de esto) el cocktail de albariño. Es extraño (y agradable) comenzar la comida con un aperitivo de vino que casi parece un postre. Tambien me gustó mucho la sopa de caldo gallego: todo el sabor del caldo en una presentación diferente.
  • Un poco decepcionado quedé de los dos platos de pescado (era de lo que más ganas tenía pues la anterior vez los dos platos de pescado fueran mis favoritos): El plato de bacalao tambien me pareció muy original, pero no me entusiasmó. El que me gustó menos fue el de las cocochas de merluza con alubias. Me pareció que el sabor del pescado desparecía entre el pilpil y las alubias. (Por cierto que la combinación de pescado y alubias no me había convencido mucho en otra ocasión).
La valoración de la cocinera parisina:

Me gusto mucho la cena.
El menu degustacion fue ideal. Tiene ingredientes "sencillos" (mejillones en lugar de vieiras o centollo, nada de foies gras y si caldo gallego por ejemplo) y creo que es asi que se aprecia el arte de un buen cocinero: cuando un alimento que conoces bien te sorprende de tal manera.
La sala es muy agradable, intima, las mesas separadas, se puede conversar sin sentirse invadido (incluso cuando los de la mesa mas proxima discuten muy animadamente los pros y contra del hard discount aleman).

  • Me gusto mucho el aperitivo de Albariño. Era original, con muy buen sabor, muy agradable.
  • Me entusiasmo la tempura de mejillon. Habia tenido la ocasion de probar tempura en un restaurante japones gastronomico en paris (menu degustacion a 120 euros) y mecachis, el tempura de Monsieur Yayo es mil veces mas aereo y sabroso!
  • El Caldo, delicioso, en una cucharada tuve la impresion de haberme comido todo un lacon con grelos, caldo y cocido. Menuda explosion de sabor en el paladar. Riquisimo. La concentracion de sabores que consigue el señor Daporta en sus salsas son a revolcarse de gusto. Lo mismo senti con el pil pil y la salsa de callos.

    Quizas no me convencion tampoco la mezcla de esta ultima salsa y el pescado porque me quedaron ganas de zamparme un plato de tripas mas que de pescado. Vamos, que la salsa esta riquisima pero le quita el protagonismo al pescado.
  • Lo que no me gusto: la salsa de foie gras. Me gusta el foie muchisimo pero creo que al plato de carne no le hace falta. El sabor concentrado es demasiado fuerte y no la acompaña bien. Hubiese cocido un pelin mas la carne. Me encanta la carne de buey casi cruda pero creo que a la ternera gallega la favorece realmente un punto rosado.
  • Me decepciono muchisimo la textura de los pures de patata: en el aperitivo de huevo de codorniz y en la guarnicion del bacalao. Los pures eran demasiado liquidos, recordaban los pures instantaneos y la "pommes noissettes findus". Una pena en una cena tan rica.

PAra finalizar, ñam ñam, y eso que ya no tenia hambre, delicioso postre: fresco, de nuevo un concentrado de sabor y oportunisimo. Volveremos a por el menu estrella.


View Laconada in a larger map

miércoles, 27 de enero de 2010

Brocoli o brecol con spaguettis

A comer verdura!

Receta siciliana, super facil y rapida, pero que tiene su pequeño truco que hace toda la diferencia. Es una de las clasicas de mis menus y la recomiendo.

-Lavar, cortar un brecol en ramilletes. Cocerlo en abundante agua hirviendo salada con una gota de aceite de oliva.

-Retirar con una espumadera el brecol cocido y GUARDAR el agua de cocion. Utilizar este agua para cocer la pasta. Reservar.

-Y ahora lo interesante: en una sarten con un poco de aceite de oliva dorar rapidamente un diente de ajo en laminas, un puñado de perejil y un vaso de pan rallado. El pan rallado se quema muy facilmente, estad muy atentos.

-Mezclar los spaguettis y el brecol, un chorrito de aceite de oliva y cubrir con el pan rallado.

La textura de los spaguettis cambia y el sabor resulta muy agradable.

martes, 26 de enero de 2010

O menú da Xantanza en Casa Marcelo

Menu da XI Xantanza en Casa Marcelo

O domingo pasado relatei de memoria o menú que tivemos na XI Xantanza en Casa Marcelo. Tal coma me imaxinaba a miña memoria fallou bastante. 

Antes de nada, non me din conta para nada (non son tan listo coma eu creo) que o prato de foie era en parte crema de foie (entendo que fresco) e en parte un mi-cuit (cociñado a baixa temperatura). 

Pero bueno, a peor cousa é que me deixei fora 2 pratos do menú (se xa vos parecía amplio o menú, agora veredes que o era ainda máis):

  • A empanadilla de morcilla con caldo de fabada: era unha empanadilla pero de querencias asiáticas (emparentada cos dim-sums cantoneses). Unha maneira moi orixinal de presentar os sabores típicos da fabada, sen que fabada fose.
  • A pannacotta (nata cocida) con trufa ó xeito de La Tasquita de Enfrente. (Imaxino que esta Tasquita de Enfrente


Empanadilla de morcilla, foto de Pantagruel Supongo

Antes de me despedir destacar que os viños estiveron moi á altura de esta fantastica comida que prepararon Marcelo e o seu equipo:

  • Tricó - un Rias Baixas que acompañou a gran parte da nosa comida (dende os entrantes ata os pescados)
  • Alan de Val - un tinto de Valdeorras que apareceu ó tempo que apareceron os pratos con sabores máis fortes
  • Jorge Ordoñez Nº2 - un viño moscatel malagueño que resaltou ainda máis (se cabe) os postres

domingo, 24 de enero de 2010

Casa Marcelo acolle a XI Xantanza

Desta vez (por primeira vez, e se cadra pudo ter sido antes) a Xantanza dos BlogoGastrónomos achegouse a Santiago de Compostela. A media mañá (hora vermut) fomonos aparecendo todos na Plaza de Abastos (un lugar que merece sempre unha visita, tanto por méritos gastronómicos, coma por mérito arquitectónicos, ou para estar ó dia do que sucede na cidade). Así poidemos coñecer o recén inagurado Abastos 2.0 (do que falaremos un próximo post) onde tomamos un viño blanco e estivemos probando os pinchos do día (Spolier Alert: os pinchos son espectaculares e o viño sabía boísimo).

Unha vez estivemos todos xuntos, dirixímonos á Praza do Obradoiro para logo baixar camiño do Casa Marcelo. Antes de ir a xantar Marcelo nos desvelou unha novidade, pero non a vou contar á espera que se faga pública (ou que algún otro BlogoGastrónomo o conte e xa non sexa eu o primeiro).

¿Porque non o hei admitir? No meu caso era a primeira vez. A primeira vez que estaba no Casa Marcelo. Tampouco vou poñer moitas excusas, o certo é que malamente me achego por Santiago e moito menos vou por alí a comer. Pero o certo é que se cadra debía ter feito a viaxe a Santiago especialmente para visitar o Marcelo (e xa estou adiantando o que se vai contar logo).

O restaurante Casa Marcelo sorprendeume inicialmente porque é cativo. Non o digo por mal, todo o contario, pareceme moi positivo que teña poucas mesas. E outra cousa que tamén é moi interesante é que a cociña está á vista. De esta forma a espera entre plato e plato permite ir observando coma se van preparando os pratos. (Para desconfiados, non van fumes nen calor para as mesas) Comento todo isto porque a 'sala' tamén é un elemento máis de disfrutar do restaurante. Por certo, que coma o restaurante está nun semisoto non hai ventanas e por tanto non hai luz natural. (Non é unha cuestión importante, pero así xustifico o problemazo que tiven ca miña camara patateira á hora de sacar as fotos dos pratos - fotos e máis fotos tiven que tirar confiando en no meu pulso para que nas exposicións longas se vise algo: e algo se verá, pero as miñas fotos non van ser nada realistas. Haberá que esperar ás fotos dos demáis participantes....).

Esta parte ha ser divertida porque lle vou relatar os platos de memoria, co que seguramente lles describa mal o nome e me erre con algún ingrediente. Pero fareino pola frescura e a naturalidade da lembranza recente:

Entradas:


Ruibarbo con mojito
Ruibarbo con mojito. O primeiro prato vai merecer un relato ben longo. Primeiro pola curiosa maneira na que se presenta, sobre xeo, para que esté ben fresquiño. Logo porque é unha combinación de agridoce (neste caso máis tirando ó doce que o ácedo), e logo por este pequeno toque alcoholico do mojito (Marcelo, ¿queríanos emborrachar?). Todo un achádego.

Poidemoslle preguntar a Marcelo sobre a orixe do ruibarbo (cultivado en Galicia, pero non lembro o nome da empresa que o distribue) e se prepara ó natural, fresco, sen cocción algunha tan só con pequeno truco de telo nunha máquina para que vai absorbendo o líquido do mojito. ¡Chapeau! Vale, que é un plato ben sinxelo, pero ¿o arte non consiste en facer sublible o sinxelo?

Ademáis hai unha pequena historia curiosa co caso. Porque eu debo ser unha das persoas en Galicia que máis Ruibarbo toma. Pero este era basante mellor ca o que como normalmente. Os meus pais teñen na súa finca unhas cantas plantas (ben grandes) de Ruibarbo, un regalo da nosa corresponsal parisina. As plantas on grandes e frondosas, o orguio de calqueira labrego. Pero o problema é que as nosas pencas non son apenas doces. Tampouco son moi vermellas (ainda que semella que esto non ten nada que ver ca dozura ou non, pero as variedades que se cultivan para a venta prefirense ben encarnadas para encher ben o ollo).

Sopa-crema de boletus
Crema-Sopa de Boletus. ¡¡Viva a Sopa!! Xa falarei algún outro momento (sen ter moita razón, xa imaxino) do moi desprestixiada que está en Galicia o tema da sopa. Apenas aparecen as sopas nos restaurantes. Neste caso sí que había sopa. Eu estaba contentísimo. Contentísimo por ter sopa.

Outros dos participantes da xantanza quedaron moi impresionados deste prato. Eu non tanto. Non por nada en especial, se cadra só porque non me entusiasmen moito as setas. Iso non quere dicir que teña nengún defecto.

Tosta con foie, champignons e trufa
Foie, con champiñóns e cuberto de trufa fresca. Este ven sendo o tributo a la France ¿non? (Se ben o foie é un plato que orixinou fora de Francia, os champiñons seguro que se daban por todo o mundo, e a trufa é máis ben dos italianos, que coido que chegou a Francia con Catalina de Medicis. Pero ten un toque moi gabacho ¿non si?). Neste caso un pouco ó reves ca o anterior. Non me entusiasma moito o foie (aparte que tomoo bastantes veces e prefiro probar outros platos).

Pero neste caso quedei abraiado: o foie tómase en forma de escuma (mantendo todo o seu sabor). Perdese o pracer de degustar a textura do foie, pero se mantén todo o sabor non hai queixa. Iso sí, vou poñer peros: os champiñóns non me parece que aportasen moito. Pero poucos peros, non importaba.

Mariscos


Vieira con crema de alga
Vieira con crema de alga. Disculpas polo nome simplista que quedou na miña memoria do plato. Pero permitide que obviemos o método de preparación da vieira ou o nome científico da alga. O importante é que vos diga que a vieira parecía recén saida do mar, pero estaba tenriña e saborosa. A salsa da alga era moi suave, e nada salgada (non sei porqué a miña mente ten metido que as algas han ter sabor salgado). Un dos grandes momentos da comida (Xa van dous).

Salpicon de centolo
Salpicon de centolo con zamburiñas. A zamburiña está a se converter nun ingrediente moi interesante. Home, ten o problema para o cociñeiro que supón moito esforzo o limpalo (coma comentou Berta, de El Sabor de lo Dulce).

E un plato moi sinxelo de describir porque son todo sabores naturais: o sabor da carne do centolo (ca avantaxe de non ter que limpalo) e o sabor da zamburiña case ó natural (sabor que coido que case nunca teremos probado porque o habitual é comer a zamburiña moi feita - ben en empanada, ben ó forno). Na foto vense unhas esferiñas, pero non lembro se eran ovas de algun peixe ou só esferificacións (non me pareceu que souperan a pescado - e todos as ovas que teño tomado si que sabían).

Ovos



Patata-puerro con yema de huevo y panceta ibérica. ¿Patata-puerro? (o tal vez yuca, como bien apuntó Sole) ¿Que tipo de ingeniería genética están haciendo? ¿Un puerro que sabe a patata? ¿Una patata con forma de puerro? Lo segundo. Este plato tan sencillo debe suponer un buen esfuerzo. El 'puerro' son en realidad multitud de láminas finas de patata dispuestas en capas y prensadas en forma de puerro. Así que puerro parece, patata es.

Veño de me decatar que o parrafo anterior está en castelán, pero así vai quedar (estiven lendo o comentario de Berta sobre este prato, e cambei o switch do idioma e nin me din conta).

O plato de ovo con patatas e porco (chourizo ou touciño) é un clásico de todos os restaurantes galegos (que teña visitado eu). ¿Será que no noso subconsciente queda sempre a lembranza de aqueles ovos fritos da casa co porco da nosa? Semella que ós cociñeiros galegos sí, e nós os lambóns tamén. Outro dos pratos destacados por min (xa van 3).

Peixe


Pescada en salsa de pemento e limón
Pescada en salsa de pemento e limón. ¡O prato icono da década! Ter lido xusto a semana pasada este tipo de cousas sobre este prato fai que un esté un pouco enpequenecido cando vas a probalo.

Oes, pero é certo todo o que dín. O tema xa non é tanto o punto de cocción do pescado (que é un tema que é un coñazo). Neste caso a merluza estaba fantástica. Pero o que deslumbra é o acompañamento: a salsa clariña de pemento (cun deixe picante que case nunca teño notado en España - ¡Ole tus h****s Marcelo!) e limón (se din que antigamente se lle botaba limón para facer pasar o pescado vello por fresco, neste caso resaltaba e facía máis agradable ainda o sabor da pescada).

O plato estrela da noite (xa van 4).


Lamprea á Bordalesa (Ou eso me pareceu). Non son demasiado aficionado á lamprea, pero estamos na tempada, así que ... ¿porque non? Este ven sendo o prato máis tradicional da noite (ou así me pareceu a min).

Postre


Piña colada
Piña Colada. Por unha vez o que se ve na miña foto non é un defecto da imaxe. A parte neboenta da foto era parte do plato. Este prato, servese moi frío, e cando chega a mesa ven cuberto de bruma. Conforme a bruma despexa (ca temperatura da sala) vese un monte branco (o coco) e unha boliña amarela (a piña).

Un prato fantástico, o único problema que lle vexo é que o coco está demasiado frío e que se fai duro de tomar.


Bica
Bica Pois sí, un plato moi sinxelo: bica borracha. Pero o sinxelo ten truco, tiña azucar caramelizado e faba tonka. A proba de que me gustou é que o tomei pouquiño a pouquiño, tirando pequenos cachos do biscoito ca culler. (Coma comentaba Manolo, coma facíamos de pequenos para comer algo que nos gustaba moitísimo).


Pois señores e señoras... esto ven sendo todo. Alguén botará de menos que comente os viños da comida. O certo é que non sei os nomes de estes viños (un branco, un tinto e un moscatel) porque deixamos ós expertos que escolleran o viño e non vin ben as etiquetas. Pero xa se falará do tema dos viños nesta xantanza por parte dos expertos. Eso sí, todos os viños prestaron moitísimo.

Correccions e engadidos a este comentario

Comentarios sobre esta Xantanza por parte dos outros participantes:
XI Xantanza Blogastrónomos Galegos. El sabor de lo dulce invitada al evento en Casa Marcelo en El Sabor de lo Dulce
XI Xantanza-Santiago de Compostela en La Caja de los Hilos
XI Xantanza: compostelaneando entre a Praza de Abastos e a Rúa das Hortas en Capítulo 0
Casa Marcelo (Santiago): la ansiada sede de la XI Xantanza en Pantagruel, Supongo
Another Cow in The Corn
cocina de aldea
De Pinchos
Xantanza, Compostela, Marcelo en O Viticólogo dos Bagos